Cargando....
Concello de Lugo
25/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde de Lugo asiste á inauguración da exposición do pintor Vázquez Alemán no Uxío Novoneyra


# Mércores, 08/10/2008
Estará aberta ao público do 8 ao 31 de outubro

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, asistiu á inauguración da exposición do pintor santiagués Manuel Vázquez Alemán, no Centro Social Uxío Novoneyra. A exposición estará aberta a todo o mundo ata o 31 de outubro dende as 16:00 ata as 21:00 horas de luns a venres.

Vázquez Alemán naceu en Santiago de Compostela en 1946, é licenciado en Filosofía e Letras  e formouse como pintor ao carón de grandes figuras como Urbano Lugrís.

Está representado en coleccións institucionais e privadas de España, Alemaña, Bélxica, francia, Italia, Gran Bretaña, Noruega, Portugal, Hong Kong, EE.UU, Arxentina ou México. Entre as súas exposicións máis recentes destacan as realizadas no Hostal dos Reis Católicos de Santiago, na Sala Almirante de Lugo ou en 5 Creadores dos 70: Caruncho. García Zabarte. Masiá. Vázquez Alemán. Vidal Souto que se acaba de celebrar na Casa das Artes do Concello de Vigo.

Vázquez Alemán é un artista de traza rápida e luminosa, de cromática ceibe que emprega a terra como materia prima da súa obra. Na Sala de Exposicións do centro municipal pódense ver cadros como o Bodegón, Músicos, Arborece ou Pastoral, situados no impresionismo, o fauvismo e o neoimpresionismo.

A natureza, as paisaxes de Galicia son unha parte fundamental da súa inspiración xa que amosan as gamas de cores cunha claridade tan grande e chamativa que segundo di o artista “pintar convértese nun imperativo”.

Para este pintor galego, a pintura é un xeito de expresar amor ao arte e como dixo en anteriores ocasións “non debe faltar nunca esa emoción de pintar disfrutando”. Vázquez Alemán recoñeceu en numerosas ocasións que a súa paixón pola pintura naceu sendo un neno, e que sempre pintou con total liberdade os seus bodegóns, paisaxes e incluso vistas da cidade de Lugo.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova