Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Facto Delafé y Las Flores Azules e Pastora, serán os protagonistas musicais do venres


# Xoves, 09/10/2008
A IV Gala do Deporte lucense terá lugar a partir das 20:30 no Auditorio Gustavo Freire

As actividades festivas do 10 de outubro comezan ás 12:00 horas coa apertura da porta de San Fernando a cargo Mª Dolores Bouza Betriu, representante do Voleivol lucense. Dende este mesmo lugar sairá 15 minutos despois o pasarrúas do grupo de música tradicional María Castaña.

O programa de actividades para os máis cativos da casa comezarán ás 17:00 horas coa apertura da zona de xogo do San Froilanciño na carpa instalada no edificio administrativo do Concello e co teatriño de rúa coa compañía noruega Teater Fusentast que representarán Panopticon.

Ás seis da tarde continuarán as representacións do Festival Internacional de Monicreques –GALICREQUES 2008- esta vez coa actuación de Teatro Urgente que presentará El Pernales. El último bandolhéroe.

Ás 18:30 horas a música dos grupos lucenses Batital e Kentokakí inundará a praza de Santa María.

Un pouco máis tarde, ás 21:00 horas a música tomará a cidade da man do grupo Facto Delafé y Las Flores Azules, Pastora, Safari Orquestra e Dr. Think, na praza Horta do Seminario.

Os barceloneses Facto Delafé y Las Flores Azules achegarán aos lucenses os seus temas nos que mesturan o hip-hop co pop, cunhas melodías e estructuras que logran explorar sensacións moi poco habituais no panorama musical actual. De seguido chegarán outros catalanes: Pastora. O trío presentará o seu terceiro disco Circuitos de lujo, que continúa unha carreira exemplar dentro do pop contemporáneo español pola calidade das súas cancións, a orixinalidade das letras e unha maneira única de achegarse ao pop.

Un dos grandes eventos da xoranada será a IV Gala do Deporte no Auditorio Municipal Gustavo Freire, onde se homenaxeará aos grandes deportistas lucenses.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova