Cargando....
Concello de Lugo
26/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo publica no portal web a solicitude de licenza para a tenza de animais considerados como potencialmente perigosos


# Xoves, 09/10/2008
Tamén pon a disposición da cidadanía o impreso de renovación da licenza que debe realizarse cada cinco anos

O Concello de Lugo publica no seu portal web, www.lugo.es, a nova solicitude de Licenza para a tenza de animais considerados como potencialmente perigosos así como o impreso de renovación de dita licenza. Estos documentos poderán atoparse no apartado de Trámites da Carpeta cidadá na Zona de Servizos.

O novo impreso modificado de solicitude presenta como novidade a necesidade de adxuntar o certificado de penais que o solicitante deberá incluir na súa solicitude e que poderá solicitalo a través de www.mjusticia.es ou ben, se non o presenta o interesado, será solicitado de oficio polo Concello de Lugo. A licenza para a tenza de animais potencialmente perigosos é un documento persoal e intransferible que ampara ao seu titual para a tenencia e manexo destes animais.

Ademais, o Concello pon á disposición da cidadanía o impreso de renovación da licenza, que ten que realizarse cada cinco anos. Este impreso será enviado polo Concello ás persoas que xa están en posesión da mesma, pero de todos xeitos pono á disposición dos cidadáns no portal web do Concello.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova