Cargando....
Concello de Lugo
26/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A Feira Medieval protagoniza a última xornada do San Froilán 2008


# Sábado, 11/10/2008
O asturiano Melendi pechará o programa de concertos das festas patronais

O último día das festas chega este ano cheo de actividades. O Día do Pilar comezará ás 10:30 horas coa apertura da porta Miñá a cargo do representante do Tiro Olímpico. Seguidamente sairá dende alí un pasarrúas do grupo de música tradicional Andaina que ofrecerá unha atuación na praza Maior.
Os actos do día continuarán ás 11:00 horas coa apertura da Feira Medieval na praza Pío XII transportando aos visitantes moito tempo atrás. O mercado recupera a tradición con postos engalanados ao xeito da época e con mercadorías artesanais. A fachada da Catedral será o marco idóneo para os traxes medievais, que lucirán con vistosidade todos aqueles que queiran engalanarse para a ocasión.
Ás 11.30 recibiranse no Concello aos participantes na Mostra Tradicional Amigos do Traxe de Santiago de Compostela e  aos membros da Asociación María Castaña de Lugo. A Continuación terá lugar o paseo de exhibición desde a Casa Consistorial ata o Parque de Rosalía de Castro onde Marina Cillero levará a cabo a ofrenda á escritora.
Aproveitando a festividade, os cativos poderán disfrutar dende primeira hora das actividades na zona de xogo de San Froilanciño, na carpa do edificio administrativo do Concello.
Os máis novos contarán nesta última xornada festeira coas actuacións do Festival Internacional de Monicreques a partir das 12:00 horas. Para pechar este ano na carpa do edificio administrativo terá lugar a representación de Títeres Larderos: Sapo y Sepo pola mañá e ás 18:00 horas actuará a Compañía Erre ke Erre con Sueño de una tarde de verano y la Compañía Ángeles de trapo ás 19:30 horas coa obra El Espíritu del Cid.
Á unha da tarde a Banda Municipal dará un concerto no templete da Praza Maior interpretando pezas de diferentes maestros.
Dende as cinco da tarde, os cativos poderán voltar a gozar coas actividades previstas para eles no San Froilanciño que hoxe pechará as súas portas como o resto de actividades das festas locais.

A partir desa mesma hora as rúas enchéranse de son e de cor coa animación de grupos de música tradicional galega polo centro histórico da cidade.
O tradicional peche da porta de Santiago será ás 19:30 horas a cargo de Carlos Yanes, representante do Deporte Adaptado.
Os fogos artificiais porán o broche de ouro a esta festas de San Froilán 2008. Comezarán ás 22:15 a cargo de Pirotecnia Resúa e poderanse contemplar perfectamente dende o Adarve da Muralla, no tramo comprendido entre as portas do Bispo Odoario e Aguirre.

Ás 22:00 horas comezará o concerto de Melendi. O artista asturiano tocará, ademáis doutros éxitos da súa carreira, os temas do seu tercer disco Mientras No Cueste Trabajo, pero tamén poderá sorprender aos asistentes cos temas do seu novo álbum  Curiosa la cara de tu padre.
Xa ás 22:30 horas a orquestras Sintonía de Vigo pechará este San Froilán 2008 enchendo de música cada rincón da praza Maior.

Actividades Deportivas
O deporte tamén terá cabida nesta xornada de despedida. Ás 10.00 horas comezará o VIII Concurso de pesca de Ciprínidos no tramo libre do Río Miño e unha hora máis tarde dará comezo o XXXI Memorial de Atletismo Gregorio P. Rivera no estadio que leva o seu nome.
Tamén as 12:00 horas no poliderpotivo da Piringalla, terá lugar o X Torneo Hockei Liña Cidade de Lugo e ás 20:00 horas dará comezo o VII Open San Froilán de Padel no Hotel Santiago.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova