Cargando....
Concello de Lugo
18/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello pon un servizo especial de autobús para asistir ao concerto de El Canto del Loco


# Venres, 10/10/2008
Sairán cada 30 minutos da parada de Sindicatos a partir das 18:30 horas

Con motivo da celebración do concerto que o grupo madrileño El Canto del Loco que  ofrecerá na cidade mañá sábado 11 de outubro a partir das 21:00 horas, o Concello de Lugo pon á disposición da cidadanía un servizo especial de bus urbano.

O servizo sairá dende a parada situada diante do edificio dos Sindicatos na Ronda Muralla a partir das 18:30 horas cunha frecuencia de media hora, ata as 20:30 horas aproximadamente, pasando polo seguinte percorrido: rúa Ourense, rúa Tui, Fonte dos Ranchos, Hospital Xeral, rúa da Saúde, Avenida das Américas e Recinto de Feiral.

Os buses de regreso sairán do Pazo de Feiras unha vez finalizado o concerto e pasará pola Avenida das Américas, Fonte dos Ranchos, rúa Chantada, rúa Montevideo, Quiroga Ballesteros, Praza de Santo Domingo, Rúa do Teatro con destino ao punto de saída na Ronda da Muralla.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova