Cargando....
Concello de Lugo
24/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O I Salón de Maquinaria Agrícola Clásica olla ao pasado rural de Lugo


# Venres, 10/10/2008


O I Salón de Maquinaria Agrícola Clásica abriu hoxe as súas portas no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo coa vontade de achegar ao visitante un pasado non tan lonxano relacionado co eido agrícola e rural.
A mostra que abrirá ata o próximo domingo en horario de 11:00 a 21:00 horas recolle algunhas das máquinas protagonistas no quefacer diario do agro lucense e galego. O que hoxe é a meirande exposición de Galicia arredor da maquinaria agrícola clásica amosa ao visitante un amplo mostrario de tractores, trilladoras, motores estacionarios, malladoras así como outros apeiros de labranza.
As pezas proceden dos 60 socios que forman a Asociación Galega de Amigos da Maquinaria Agrícola Clásica (AGAMAC), organizadora do evento. En total aportan arredor de 20 tractores e 50 motores estacionarios, todos eles restaurados e en pleno funcionamento.
A inauguración deste primeiro salón adicado en Lugo á maquinaria agrícola clásica, estivo  protagonizada por Xosé Clemente López Orozco, Alcalde de Lugo; Emilio López Pérez, delegado en Lugo da Consellería do Medio Rural; Edelmiro López Iglesias, Director Xeral de Desenvolvemento Rural da Consellería do Medio Rural; e Marcos Vázquez, presidente da Asociación Galega de Amigos da Maquinaria Agrícola Clásica (AGAMAC).
O salón encádrase dentro das actividades da feira multisectorial Expolugo, que adica unha parte cada vez máis importante do seu espazo ao mundo rural, a través das mostras gandeira e agroalimentaria, que se complementan nesta fin de semana coa maquinaria agrícola clásica.
O I Salón de Maquinaria Agrícola Clásica celébrarse do 10 ao 12 de outubro no Pavillón 1 do Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, en horario de 11:00 a 21:00 horas. A entrada custa 2 euros.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova