Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde de Lugo recibe un ano máis á Corporación de Ferrol no día dedicado a esta cidade durante o San Froilán


# Sábado, 11/10/2008


O Alcalde de Lugo, José López Orozco reicibiu no Concello, como xa e tradicional, à corporación do Concello de Ferrol coincidindo coa celebración do día dedicado a esta vila dentro do San Froilán.

Visitaron a cidade numerosos integrantes do goberno municipal, entre os que se atopaba o Alcalde, Vicente Irisarri Castro e a 1ª tenente de Alcalde, Yolanda Díaz Pérez.

O Alcalde de Lugo deulles a benvida e agradeceu a presenza xa tradicional de numerosos ferroláns que se achegan ata Lugo no día da súa cidade “Este é un acto de unión entre dúas cidades que se queren e se respectan. Merece a pena este encontro que nos permite demostrar o que somos, decir o que necesitamos e reivindicar cousas xuntos”.

López Orozco lembrou que nestes últimos anos melloraron notablemente as infraestruturas “que son un medio fundamental para o achegamento entre pobos, son condicio sine quea non para o desenvolvemento e a mellora económica. Os alcaldes sempre iremos a falar con quen corresponda, para pedir que se aumenten os esforzos coas nosas cidades”.

O Alcalde referiuse tamén ao momento complicado que vive a economía mundial, “esta crise provoca que vivamos un momento estrano, pero debemos ser optimistas”. Apreoveitou a súa intervención para reflexionar sobre o problema social que estes días está a comprobar nas súas propias rúas a cidade de Lugo, coa chegada de numerosos vendedores ilegais dende países cun alto índice de pobreza “debemos reflexionar, Occidente debe reflexionar para comprender que estamos facendo para provocar estas situacións. Europa non pode permitir que os seres humanos morran de fame e que non teñan a posibilidade de desenvolverse nos seus países”.

Para o Alcalde lucense este problemas que viven todas as cidades, algunhas de forma continuada, ten un trasfondo moi complexo “pecha en si un grave problema social, económico, político e humano que existe ao noso arredor. É preciso o traballo en común e fago un chamamento á solidariedade dos Estados”.

O Alcalde de Ferrol, Vicente Irisarri, pola súa banda, comezou a súa intervención explicando a gran satisfacción que sente “por representar como alcalde a todo o pobo de Ferrol na cidade de Lugo con motivo das festas de San Froilán”

Lembrou que a amizade entre Ferrol e Lugo “comezou hai moitos anos, no 1906 coa celebración no noso Teatro Jofre dun Certame regional de Orfeóns no que participou o Orfeón Galego de Lugo. Tal foi a pegada destes primeiros encontros que non se concebía e non se concibe un mes de outubro sen vir ao San Froilán”.

Irisarri tamén se refeiru ao traballo realizado pola cidade para conseguir que a Muralla fose declarada Patrimonio da Humanidade, “o noso Arsenal Militar, xunto coas fortalezas defensivas das rías e o barrio da Magdalena aspiran poder ostentar un recoñecemento como o que esta grande obra de arquitectura romana, que é a fermosa muralla de Lugo, ten xa”.

Ao comezo da recepción Alcalde de Ferrol asinou no libro de ouro da cidade:

“En un año, en un momento de especiales dificultades, el apoyo mutuo entre los pueblos nos permitirá salir más reforzados y caminar hacia una sociedad más justa y solidaria. Lugo y Ferrol, Ferrol y Lugo son y serán un magnífico ejemplo de que esta actitud recíproca nos llevará al progreso de nuestras ciudades”.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova