Cargando....
Concello de Lugo
24/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Pedro Guerra e Violadores del Verso os protagonistas musicais no ecuador das festas de San Froilán


# Martes, 07/10/2008
Os máis cativos poderán disfrutar coas actividades de San Froilanciño

No ecuador das festas de San Froilán continúa o desenvolvemento do programa cun bo número de actividades. A programación de mañá día 8 de outubre comezará coa apertura ás 12:00 horas da porta Bispo Odoario a cargo de Efrén Álvarez López representante do Fútbol Sala lucense. Dende este lugar sairá o grupo de música tradicional Cantar das Eiras ata a praza Maior.

Xa pola tarde, os máis pequenos poderán disfrutar dos xogos na carpa de San Froilanciño a partir das 17:00 horas. Á mesma hora comezará unha exposición estática de avións e helicópteros de radiocontrol organizada polo Club de Aeromodelismo Lavanco na praza Maior.

Ás 18:30 horas os cativos lucenses terán a oportunidade de disfrutar co espectáculo de  Fadunito: Ai,ai,ai! na carpa do patio do edificio administrativo do Concello.

As citas musicais da xornada verán da man do cantautor canario Pedro Guerra que presentará na praza de Santa María a partir das 20:15 horas o seu novo disco Vidas. Ás 22:00 horas tocaralle o turno a Violadores del Verso na praza Horta do Seminario que encherán o espazo coa súa arquitectura do verbo e o ritmo




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova