Cargando....
Concello de Lugo
18/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Rosana Rielo toma posesión do seu cargo como Concelleira de Xuventude


# Martes, 07/10/2008
Xa estivo ao frente desa área entre 2003 e 2007

A nova Concelleira de Xuventude, Rosana Rielo, tomará posesión do seu posto na sesión Ordinaria do Excelentísimo Concello en Pleno que se celebrará a partir das 17:00 horas desta tarde na Casa do Concello.

Rielo, que xa estivo ao cargo desta área entre 2003 e 2007, volve a ocupar un posto na Corporación pola marcha do ex-Concelleiro de Urbanismo Francisco Fernández Liñares á presidencia da Confederación Hidrográfica do Miño. É a primeira vez que nun mandato de López Orozco se produce unha sustitución deste tipo.

A nova Concelleira de Xuventude foi o membro da Corporación municipal máis xoven da historia do Concello de Lugo facéndose cargo do seu posto no ano 2003 con tan só 23 anos.

A nova Concelleira de Xuventude é Diplomada en Ciencias Empresariais e en Traballo Social, é Licenciada en Administración de Empresas e en Ciencias Políticas. Ademais conta con dous postgrados e un máster en temas de xuventude.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova