Cargando....
Concello de Lugo
25/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O día dos maiores celébrase cunha festa popular na praza Maior


# Mércores, 08/10/2008
Unha exhibición de deporte vasco e os contertos de Tirri Tarra, Kimuru e Holywater son outras das citas dunha nova xornada das festas de San Froilán

Mañá xoves, 9 de outubro, continúan as actividades do programa das festas de San Froilán cun bo número de citas. A programación do día comezará coa apertura ás 12:00 horas da porta Nova a cargo Luis Gregorio Ramos Misioné representante do piragüismo da cidade. Dende este lugar sairá o grupo de música tradicional Cántigas e Flores ata a praza Maior.

Ás 16:30 horas a cita co deporte virá marcado por unha exhibición de deporte rural vasco na praza Maior coa participación de Ernesto Ezpeleta “Bihurri”, posuidor do récord mundial de corte de tronco, acompañado da posuidora do récord de levantamento de pedras e unha levantadora de fardos.

Outra tarde máis, os nenos e nenas lucenses poderán disfrutar dos xogos na carpa de San Froilanciño a partir das 17:00 horas, momento no que se proxectarán tres curtametraxes de La Tartana Teatro: Pet Show, sesión continua na carpa de espectáculos.
 
Nesta xornada celébrase o día dos maiores polo que a partir das 18:00 horas haberá unha festa popular na praza Maior ambientada pola orquestra Noche de Gala.

O tempo dos concertos chegará a partir das 20:30 horas coa actuación da agrupación vasca Tirri Tarra coa Coral do Hospital Xeral-Calde na praza Horta do Seminario. Ás 21:00 horas tócalle o turno aos grupos Psicolepsia, Kimuru e Holywater no escenario da praza de Santa María.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova