Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello selecciona persoal para a cobertura de prazas de técnicos e técnicas de Xardín de Infancia


# Mércores, 08/10/2008
As bases están colgadas na web Concello

A Xunta de Goberno Local do Concello de Lugo celebrada o pasado 24 de setembro, adoptou, entre outros, o acordo de aprobación de bases e convocatoria do proceso selectivo selectivo para cobertura interina de prazas de Técnicos ou técnicas de Xardín de Infancia no Concello de Lugo.

As bases fixéronse públicas a través dun anuncio de no Boletín Oficial da Provincia de Lugo e dende ese momento están colgadas tamén na web do Concello: www.lugo.es. Os sucesivos anuncios en relación con este proceso, publicaranse no Taboleiro de Anuncios do Concello.

O prazo de presentación de instancias será de dez días naturais, contados a partir do día seguinte á publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Lugo. A presentación de instancias realizarase no Rexistro Xeral do Concello.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova