Imprimir

COMEZAN AS CLASES DE EDUCACIÓN VIAL NOS CENTROS EDUCATIVOS DO CONCELLO DE LUGO


8/10/2008 Os alumnos recibirán dúas horas de teoría

Un novo curso a Concellería de Educación, que dirixe Dolores Vieiro, e o Parque Infantil de Tráfico inician o próximo luns, día 13 de outubro, o ciclo de clases teóricas de Educación Vial que se impartirán nos 25 centros educativos do Concello de Lugo. Os primeiros centros que se inician con esta materia serán o Colexio de Albeiros e A Ponte.

Ata o Nadal as clases de Educación Vial terán lugar nos propios centros educativos e centraranse exclusivamente na teoría. Cada grupo de alumnos asistirá a dúas horas de clase teórica de Educación Vial.

Será a partir de xaneiro cando as rapazas e rapaces lucenses asistan as clases prácticas de bicicleta e cart no Parque Infantil de Tráfico López Mella situado no parque de Frigsa.