Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Máis de un millón de persoas asistiron ás Festas de San Froilán 2008


# Luns, 13/10/2008
Os concertos congregaron a 140.000 persoas nas prazas da cidade

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Cultura e Turismo, Concepción Burgo, fixeron hoxe balance das festas de San Froilán 2008. O Alcalde indicou que “se cumpliron con creces os obxectivos marcados xa que cada ano reunen na cidade a un maior número de persoas”.

López Orozco destacou “a repercusión que estas festas teñen no comercio e na hostelería da cidade, polo que para min son unha inversión non un gasto”. Ademais, o Alcalde indicou que “o San Froilán continúa a ser a festa máis popular de toda Galicia e xa é comparable coas grandes festas do resto de España, por iso o ano que ven faremos todo o posible para que non decaigan”.

En nove días de festa pasaron por Lugo 1.035.000 persoas, superando en máis de 100.000 as cifras do ano pasado. Os días de maior afluencia foron, o Domingo das Mozas con 180.000 visitantes, o Día do Ferrol con 170.000 e o Día de San Froilán con 150.000 persoas.

A Concelleira de Cultura e Turismo indicou que “rompimos todos os records nos concertos que congregaron nas prazas de Lugo a 140.000 persoas, (122.000 na praza da Horta do Seminario e 20.100 na praza de Santa María) sendo os máis numerosos os de Melendi, con 32.000 espectadores, Julieta Venegas con 20.000,Dover con 18.000, e a redor de 10.000 tiveron Los Suaves, Diego, el Cigala, Violadores del verso e o de The Ellas, Def Con Dos e Miguel Costas e Germán Coppini”.

O San Froilanciño, que se consolida cada ano como unha cita imprescindible para os máis pequenos, recibiu a máis de 6.000 cativos que participaron nas diferentes actividades que tiveron lugar nas carpas de xogos e espectáculos situadas no patio do edificio administrativo do Concello de Lugo.

As Oficinas Municipais de Turismo (a situada no Centro de Interpretación da Muralla e a Caseta do San Froilán da Praza da Constitución) atenderon a 16.180 visitantes, unha cifra similar á do ano anterior.

O lugar de procedencia da maioría dos visitantes neste San Froilán 2007 foi: Galicia, Castela e León, Madrid, Asturias, Catalanes e Valencianos. Pero o San Froilán tamén está a ter o seu público no extranxeiro. Este ano pasaron por Lugo en festasun bo número de alemáns, arxentinos, portugueses e ingleses.

 As visitas aos museos tamén tiveron un notable incremento nestas datas. Dende o día 1 de Outubro:

- Casa dos Mosaicos: 1.196 visitantes

- Porta Miñá:150 visitantes

- Centro arqueolóxico de San Roque: 240 visitantes

- Centro de Interpretación da Muralla: 829 visitantes.

Editáronse 60.000 programas de festas e 10.000 de San Froilanciño.

A web de San Froilán, posta en marcha específicamente para as festas tivo un número moi elevado de visitantes: 64.287, o que supón unha media de 5.357 por día. Os días que máis visitas recibiu este espazo foron o luns 6 de outubro e o venres 3 de outubro.

Os apartados máis visitados foron os concertos e o programa das festas, recibindo visitas de 43 países: franceses, portuguesesm Italiáns e Alemáns foron os que máis navegaron pola web. En canto aos internautas nacionais destacan os de A Coruña, Madrid, Santiago de Compostela, Vigo, Barcelona, Oviedo e León.

A Concelleira indicou que “esto indica que a web municipal xa se está consolidando como unha canle de comunicación coa cidadanía”.

Por outra banda apreciouse un aumento dos cidadaáns que optaron polo transporte público ao longo das festas de San Froilán cun incremento de máis de 1.000 viaxeiros nestas datas. Un total de 3.169 viaxeiros desplazáronse pola cidade nos servizos especiais do transporte urbán.

En canto á ocupación hoteleira, estímase unha ocupación do 100% nas fines de semana, o que converte ás festas nunha tempada alta de turismo o que supón unha entrada alta de ingresos para a hostelería e os comercios da cidade e doutras vilas cercanas a Lugo.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova