Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo celebra o Día Mundial da Alimentación


# Martes, 14/10/2008
Será o vindeiro xoves, 16 de outubro, cunha campaña de promoción da alimentación saudable

O vindeiro 16 de outubro celebrarase o Día Mundial da Alimentación, proclamado en 1979 pola Conferencia da Organización das Nacións Unidas para a Agricultura e a Alimentación (FAO), baixo o lema: Seguridade Alimentaria, Cambio Climático e Bioenerxía.

O obxectivo deste día é o de concienciar ás poboacións sobre o problema alimentario mundial e fortalecer a solidaridade na loita contra a fame, a desnutrición e a pobreza. A situación que sufren 923 millóns de persoas, dos que 300 son nenos, fai que cada 4 segundos unha persoa morra de fame no mundo. Por contra, nos países industrializados, 1.200 millóns de persoas padecen sobrepeso, e 300 millóns obesidade, cifras que están e contínuo aumento debido aos malos hábitos alimenticios, chegando a denominarse como a Peste Negra.

O Concello de Lugo é consciente de que as persoas deben alimentarse de manera adecuada para levar unha existencia plena. Por iso, ao longo do ano leva a cabo unha serie de programas sobre alimentación como os Almorzos Saudables e as charlas sobre trastornos alimenticios. A Concelleira de Servizos Xerais, Luisa Zarzuela, explicou que “se trata de actividades que invitan e inducen aos hábitos saudables consumindo alimentos frescos como fruta e verdura”.

Nesta ocasión, contando coa colaboración do grupo Gadis, o vindeiro xoves día 16 de outubro, coincidindo coa celebración do Día Mundial da Alimentación, levará a cabo unha campaña de promoción da alimentación saudable baixo o lema: Alimentarse ben sabe mellor, que foi presentada pola Concelleira de Servizos Xerais e Jose Luís Fernández Astrai, xefe de comunicación do grupo Gadisa.

O representante da cadena de supermercados explicou que para fomentar o consumo de alimentos frescos entre a poboación porán a un prezo moi económico nos 11 supermercados da cidade os 3 kilos de laranxa a 2´49 euros. Ademais, todos os que merquen algún producto na sección de frutería terán a posibilidade de participar no sorteo dunha cesta de fruta en cada establecemento Gadis da cidade.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova