Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Varias asociacións de persoas con discapacidade visitan o Espazo>Lab do Concello de Lugo


# Xoves, 16/10/2008
Os representantes das asociacións coñeceron as instalacións e servizos que están a súa disposición neste novo centro de orientación laboral

A Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, acompañou esta tarde a oito asociacións que traballan con persoas con discapacidade nunha visita guiada polo novo Espazo>Lab do Concello de Lugo.

Os reprensentantes de FEAFES (Federación de Asociaciones de familiares de enfermos mentales de Galicia), FADEMGA (Federación de asociaciones de discapacitados intelectuales de Galicia, APSNAIS, AUXILIA, COGAMI (Confederación galega de minusválidos), a Asociación Síndrome de Down, a Asociación de Persoas Sordas e a ONCE descubriron nesta visita as instalacións e os recursos e servizos que se ofrecen neste espazo como é a orientación e intermediación laboral, formación, información sobre novas profesións, axuda para a búsqueda activa de emprego, implantación de itinerarios personalizados de inserción laboral, información europea, implementación de proxectos e plans de emprego e formación, etc.

Con esta nova visita o Concello afianza a súa intención de achegar as asociacións e aos cidadán as instalacións coas que contan a súa disposición, tanto no Centro de Empresas e Innovación como no Espazo>Lab.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova