O Concello de Lugo e o Ministerio de Cultura, organizan o II Congreso de Arquivos Municipais españois, que terá lugar entre os días 5 e 8 de Novembro do ano 2008 na cidade de Lugo e que se centrará nos arquivos municipais e a e-administración.
A Concelleira de Cultura, Concepción Burgo, destacou na presentación, o inxusto tratamento que reciben os arquivos municipais “son pouco visibles dentro da aministración e son elementos básicos para o bo funcionamento dunha administración e tamén para asegurar os dereitos da cidadanía”.
María Jesús Saavedra, arquiveira municipal do Concello de Lugo, suliñou a importancia da e-administración dentro da modernización dos aquivos e tamén a necesidade de boa información que existe ao respecto.
O Congreso ten como obxectivos:
• Servir de foro de encontro entre os profesionais dos arquivos municipais, fundamentalmente españois, aínda que se fixo difusión por toda a Unióne Europea, Estados Unidos e Hispanoamérica.
• Será un foro de reflexión sobre a necesidade de redefinir, na administración pública local, o papel do arquivo e dos arquiveiros así como dos sistemas públicos de xestión e información de arquivos, no marco da e-administración co fin de poder garantir a dispoñibilidade, autenticidade, integridade, confidencialidade e conservación dos documentos públicos que se xeran en soporte electrónico
• Permitirá que se fixen os criterios técnicos na implantación da xestión electrónica documental nos Concellos, criterios que non existen neste momento en España, e son esenciais xa que os arquiveiros son os que coñecen as propiedades e normas aplicables aos documentos electrónicos.
• Contribuirá á aportación dos arquivos á mellora da información cidadé e a unha actuación máis eficaz da administración pública, respectando os obxectivos establecidos pola Unión Europea dentro do seu plan de acción I-EUROPA 2010 en canto á prestación de servizos de valor engadido para a cidadanía, e á vista da Lei de acceso electrónico dos cidadanos aos servizos públicos (Lei 11/07, de 22 de xuño)
PROGRAMA
II Congreso de Arquivos Municipais Españois. Arquivos e e-administración
Lugo 5-8 novembro de 2008
Pazo de Feiras e Congresos de Lugo
Mércores 5 de novembro: sesión inaugural
11:00 – 13:00 Acreditación participantes
15:30 – 16:30 Acreditación participantes
17:00 – 18:00 Actos de inauguración
18:00 – 19:00 Conferencia inaugural
Presenta e modera: Rogelio Blanco Martínez
Director General del Libro, Archivos y Bibliotecas. Ministerio de Cultura
Relator: Alfredo Conde Cid
Escritor
Xoves 6 de novembro:
9:00 – 10:00 Acreditacións
primeira sesión: LEXISLACIÓN
10:00 – 10:45 Acceso electrónica dos cidadáns aos documentos das administracións públicas no marco da Lei 11/2007
Presenta: Gabriel Quiroga Barro
Director do Arquivo Nacional de Galicia
Relator: Julián Valero Torrijos
Profesor de Derecho administrativo. Departamento de Derecho administrativo
Facultad de Derecho. Universidad de Murcia
10:50 – 11:35 Plans e estratexias do MAP para a e-administración nas administracións locais
Presenta:Marina García Pita
Xefa de Servizo de Arquivos e Museos da Xunta de Galicia
Relator: Alfonso Berral López
Jefe de Servicio de Desarrollo del Ministerio de Administraciones Públicas
11:50 – 12:00 Café
12:05 – 13:30 Mesa redonda
Tecnoloxía, Documentos e Servizos. Unha convivencia posible.
Modera: Xavier Tarraubella i Mirabet
Director del Arxiu Historic de la Ciutat de Barcelona
Participan:
Julián Valero Torrijos
Profesor de Derecho administrativo. Departamento de Derecho administrativo
Facultad de Derecho. Universidad de Murcia
Alfonso Berral López
Jefe de Servicio de Desarrollo del Ministerio de Administraciones Públicas
Isabel Seco Campos
Archivera municipal de Getafe (Madrid)
Carlos Alberto Amoedo Souto
Secretario da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia
segunda sesión: XESTIÓN DOCUMENTAL (I)
16:30 – 17:15 Plans de xestión integral na administración local española. ¿Son os arquivos actores activos?
Presenta: Julia Mª Rodríguez Barredo
Archivera municipal de Alcobendas (Madrid)
Relator: Mario Alguacil Sanz
Director de Tecnologías, Gestión del conocimiento y Presupuesto del
Ayuntamiento de Sant Feliú de Llobregat
17:15 – 17:45 Café
terceira sesión: XESTIÓN DOCUMENTAL (II)
17:45 – 18:30 A función arquivística nos proxectos de xestión integral nas administracións públicas.
Presenta: Carmen Cayetano Martín
Archivo de la Villa de Madrid
Relator: Geoffrey Yeo
Lecturer in Archives and Records Management School of Library, Archive
and Information Studies University College London
Venres 7 de novembro:
cuarta sesión: XESTIÓN DOCUMENTAL (III)
10:00 – 10:45 Os contornos do documento electrónico: experiencial, dinámico e interactivo.
Presenta: Isabel Murillo García-Atance
Archivera municipal de Logroño
Relator: Jim Suderman
Manager of management services for City of Toronto and member of the
InterPARES
10:45 – 11:30 Mesa Redonda
Modera: Alfonso Díaz Rodriguez
Jefe de Sección de los Archivos centrales del Principado de Asturias
Participan:
Mario Alguacil Sanz
Director de Tecnologías, Gestión del conocimiento y Presupuesto del
Ayuntamiento de Sant Feliu de Llobregat
Geoffrey Yeo
Lecturer in Archives and Records Management School of Library, Archive
and Information Studies University College London
Mª Isabel Valiente
Dirección General del Libro y del Patrimonio Bibliográfico y Documental
Junta de Andalucía
Jim Suderman
Manager of management services for City of Toronto and member of the
InterPARES
Joaquim Borrás i Gómez
Arxiver en cap Arxiu del Ajuntament de Barcelona
Paloma Fernández Gil
Archivera municipal de Alcorcón (Madrid)
11:35 – 12:05 Café
12:05 – 13:30 Mesa Redonda (continuación)
quinta sesión: CONSERVACIÓN
16:30 – 17:15 O arquivo no ano 3.000
Modera: Roser Latorre i Tafanell
Cap de Arxiu de Sant Boi de Llobregat
Relator: Mrs. Josje Everse
Proyectmanager E-depot. Municipal Archives of Rotterdam
17:20 – 19:00 Mesa Redonda
Modera: Javier Barbadillo Alonso
Archivero municipal de Guadalajara
Participan:
Ignacio Alamillo Domingo
Director de asesoramiento e investigación de la Agència Catalana de
Certificació
Raimon Nualart i Mercadé
Archivero de CATCert y responsable del servicio iArxiu
Lluís-Esteve Casellas i Serra
Cap de la Secció de Gestió Documental i Arxiu (GDA)
Administrador de Seguretat de Dades Servei de Gestió Documental del
Arxiu Municipal de Girona
22:00 Cea de gala ofrecida polo Concello de Lugo
Salón Regio del Círculo de las Artes de Lugo
Sábado 8 de novembro
sexta sesión: CLAUSURA
10:00 – 11:00 Arquivos da Administración Local e e-administración
Presenta e modera: María Jesús Saavedra Carballido
Archivera municipal de Lugo
Relator: José Ramón Cruz Mundet
Profesor titular de la Universidad Carlos III (Getafe) Madrid
11:00 – 12:00 Coloquio
12:00 – 12:30 Conclusións
12:30 Acto de clausura a cargo de
Severiano Hernández Vicente
Subdirector General de Archivos Estatales del Ministerio de Cultura
13:30 Viño español
Expertos de nacionais e internacionais
Neste II Congreso Nacional participan expertos no mundo da arquivística como o catedrático de dereito administrativo Julián Valero, Jim Suderman integrante de INTERPARES, e ademais arquiveiro municipal de Toronto. Geoffrey Geo, arquiveiro que organizou os primeiros sistemas de xestión documental no Reino Unido, e a xestión de documentos electrónicos. Josje Everse, directora do arquivo municipal de Rotterdam e do proxecto e-depot, que leva un tempo en marcha.
A experiencia das distintas Comunidades Autónomas queda recollida nas aportacións que farán Mario Alguacil, Raimon Nualart, Paloma Fénandez Gil, Isabel Seco, Joaquín Borrás ou Alfonso Díaz.
O mundo universitario estará representado por Jose Ramón Cruz Mundet, e Severiano Hernández.
As inscricións e a xestión do aloxamento realizarase na Secretaría Técnica do II Congreso de Arquivos Municipais Españois entre as 9:30 e as 13:30 horas. Secretaría Técnica - Nova 21 Avenida da Coruña 39, 2ºC - 27003 Lugo. Telf. 982 242 563 - Fax. 982 284 977 - congresoarchivosmunicipalesnova21.es