Cargando....
Concello de Lugo
25/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo e Attitudes aunan esforzos para promover a seguridade vial entre os escolares lucenses


# Luns, 20/10/2008
Trátase dun innovador programa educativo e dun circuíto de karts e bicicletas que estará instalado na praza Horta do Seminario ata o 26 de outubro

O Concello de Lugo colabora con Attitudes, a iniciativa de educación vial e promoción do medio ambiente de Audi, para desenvolver unha escola infantil de educación entre os escolares de Primaria da cidade. Trátase dunha innovadora aposta teórica e unha divertido circuíto de karts e bicicletas no que participaron dende o ano 2000 máis de 30.000 rapaces e rapazas de todo o país e que foi presentada no Concello de Lugo polo Alcalde, José López Orozco, e o xerente de Autolusa, Vicente Quintás.

Como indicou o Alcalde o Concello de Lugo ven impulsando ao longo dos últimos anos a formación no mundo da seguridade vial para tratar de favorecer un cambio de hábitos entre a poboación que permita eliminar a siniestralidade das calzadas da cidade.

Nesta ocasión o traballo conxunto con Attitudes centrarase na poboación infantil, especialmente nos escolares de 9 a 11 anos, que comezan xa a ter unha certa autonomía nalgúns dos seus desprazamentos.

Os escolares que participen recibirán un ameno programa teórico que pretende, antes que fomentar o aprendizaxe de normas e sinais, crear actitudes correctas á hora de circular pola cidade. Estos fundamentos ofreceranse co apoio das novas tecnoloxías, a través de talleres de debuxo e de informática.  

Os rapaces que visiten a Escola Infantil de Educación Vial, situada na praza da Horta do Seminario, entre hoxe luns 20 de outubro e o domingo 26, recibirán unha charla teórica introductoria do programa de Educación Vial Attitudes cun carácter moi participativo para que os rapaces poidan aportar as súas experiencias personais. Ademáis, no obradoiro informático, os alumnos poderán experimentar nun simulador unha serie de aventuras interactivas que abarcan diferentes situacións reais do ámbito do tráfico e da seguridade vial. Por outra banda, os rapaces e rapazas lucenses poderán poñer a proba a súa imaxinación e plasmar sobre o papel o que consideran un vehículo respetuoso co seu entorno natural no taller de debuxo.

Os rapaces e rapazas poderán practicar os coñecementos adquiridos nun circuíto de karts e bicicletas que simulan o entorno urbano.  Ademais dos escolares que participen na actividade, a partir das 17:30 horas, podrán acceder á escola todos os nenos e nenas que previamente o soliciten na carpa ou a través do teléfono 685 960 357.

O Concello de Lugo, valora moi positivamente as intervencións educativas que se desenvolven cos máis pequenos, tanto en colaboración con iniciativas como a de Attitudes, como no traballo formativo que se desenvolve ao longo do curso na Escola Infantil de Tráfico.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova