Cargando....
Concello de Lugo
18/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde recibe aos representantes da Asociación de Amigos do San Froilán


# Luns, 20/10/2008


O Alcalde de Lugo, José López Orozco, recibiu esta mañá na Casa do Concello a un grupo de representantes da Asociación de Amigos do San Froilán, grupo que leva xa 13 anos organizando unha festa paralela ás patronais lucenses en Barcelona no mes de outubro.

Os representantes da asociación entregáronlle ao Alcalde de Lugo un exemplar do libro que recolle o desfile da Asociación de Amigos do San Froilán polas rúas de Nova York con motivo do día de San Patricio. Nesta obra pódese ver como desfilaron pola famosa Quinta Avenida promocionando ao patrono de Lugo, a Galicia e a Barcelona pola “gran manzana”.

O Alcalde agradeceu o agasallo e animoulles a seguir promocionando as festas da cidade en Cataluña, en España e máis aló das nosas fronteiras.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova