Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Oito empresas optan a realizar o estudo sobre a relación de postos de traballo do Concello de Lugo


# Luns, 20/10/2008
A Mesa de Contratación concedeu ás empresas 3 días para subsanar os erros

A Mesa de Contratación do Concello de Lugo mantivo hoxe unha xuntanza para a contratación dos traballos de análise, decisión e valoración dos postos de traballo, a elaboración da relación de postos de traballo e o plan de emprego desta administración local.

O prezo deste  contrato está fixado nun máximo de 114.492 euros e un prazo máximo de execución dun ano.

Foron un total de oito as empresas que presentaron as súas plicas:

1. DEMOS CONSULTORES DE GESTIÓN S.A

2. PRICE WATERHOUSE COOPERS ASESORES DE NEGOCIOS S.L

3. TEA CEGOS S.A

4. ESTRATEGIA Y ORGANIZACIÓN S.A

5. KPMG ASESORES S.L

6. EVERIS S.L

7. LAW AND CORPORATE S.L

8. RODRIGUEZ VIÑALS S.L

Os membros da mesa de contratación decidiron conceder un prazo de 3 días para subsanar algúns defectos que aparecen na documentación presentada. Previsiblemente, a Mesa de Contratación xuntarase de novo o venres para tomar xa unha decisión.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova