Imprimir

OITO EMPRESAS OPTAN A REALIZAR O ESTUDO SOBRE A RELACIÓN DE POSTOS DE TRABALLO DO CONCELLO DE LUGO


20/10/2008 A Mesa de Contratación concedeu ás empresas 3 días para subsanar os erros

A Mesa de Contratación do Concello de Lugo mantivo hoxe unha xuntanza para a contratación dos traballos de análise, decisión e valoración dos postos de traballo, a elaboración da relación de postos de traballo e o plan de emprego desta administración local.

O prezo deste  contrato está fixado nun máximo de 114.492 euros e un prazo máximo de execución dun ano.

Foron un total de oito as empresas que presentaron as súas plicas:

1. DEMOS CONSULTORES DE GESTIÓN S.A

2. PRICE WATERHOUSE COOPERS ASESORES DE NEGOCIOS S.L

3. TEA CEGOS S.A

4. ESTRATEGIA Y ORGANIZACIÓN S.A

5. KPMG ASESORES S.L

6. EVERIS S.L

7. LAW AND CORPORATE S.L

8. RODRIGUEZ VIÑALS S.L

Os membros da mesa de contratación decidiron conceder un prazo de 3 días para subsanar algúns defectos que aparecen na documentación presentada. Previsiblemente, a Mesa de Contratación xuntarase de novo o venres para tomar xa unha decisión.