Cargando....
Concello de Lugo
26/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo continúa a traballar no proxecto Senior TICS


# Mércores, 15/10/2008
Lugo é o socio que conta xa con 60 usuarios do programa destinado a maiores de 65 anos

O equipo de traballo do Concello de Lugo encargado do Proxecto Senior Tics mantivo unha xuntanza de traballo cos socios do proxecto europeo, que lidera o Concello lucense, e no que participan a Cámara Municipal de Braga (Portugal), un centro de formación para adultos de Francia e unha empresa de novas tecnoloxías de Grecia.

Lugo é o socio que conta co maior número de participantes con 60 usuarios, frente aos 45 de Braga, deste innovador proxecto que pretende achegar as novas tecnoloxías a toda a cidadanía, especialmente ás persoas maiores de 65 anos de idade. Esta proposta persegue incrementar as posibilidades de aprendizaxe ao longo de toda a vida para a xente maior, facendo fincapé nas súas necesidades de achegamento ao campo das novas tecnoloxías, do cal as persoas maiores son tradicionalmente excluídas.

O equipo traballou para facer un seguimento do proxecto no que se estableceu o plan de actuación, avaliación e obxectivos para a última fase deste programa.

Os responsables do proxecto SENIOR TICS nas súas respectivas organizacións explicaron as tarefas que están a levar a cabo, dende a elaboración de contidos e a metodoloxía para a impartición dos cursos, ata os métodos empregados para a captación de beneficiarios, ou o desenvolvemento de actividades específicas para os maiores. Tamén analizaron os pasos seguidos para a aprobación da proposta do proxecto, a xestión diaria e as ferramentas de comunicación empregadas para o seguimento do proxecto.
 




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova