Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde de Lugo recibe a unha delegación de Parlamentarios europeos que visita Galicia


# Xoves, 16/10/2008
Onte mantiveron unha xuntanza de traballo coa Concelleira de Economía e Emprego e o Director Xeral do Cetal

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, acompañado polo Concelleiro de Medio Ambiente, Lino González Dopeso, recibiu na Casa do Concello a unha delegación de Parlamentarios europeos do grupo de traballo de Agricultura, que estos días visitan a Comunidade galega.

A viaxe ten como obxectivo coñecer a riqueza agrícola e gandeira que posúe Galicia e en concreto a provincia de Lugo á que lle dedican dous días da súa xornada.

A delegación europea realizou xa unha visita ao Centro de Empresas e Innovación do Concello, onde foron recibidos pola Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez e posteriormente mantiveron unha xuntanza de traballo co Director Xeral do CETAL, Enrique Rey.

Os representantes europeos aproveitaron a súa segunda xornada en Lugo para visitar a granxa Gaioso Castro e despois foron recibidos polo Alcalde lucense no Concello.

Na recepción no Concello, López Orozco definiuse como un europeísta convencido “Europa é diversa, e iso non debe cambiar. Está formada por un crisol de culturas tan extraordinario que permite que se engrandeza a riqueza de Europa”.

O Alcalde lucense pediulles aos parlamentarios que transmitan aos membros do Parlamento Europeo o compromiso dos lucenses para traballar por un mundo máis solidario, “máis xusto, onde todos os seres humanos participemos, temos a obriga de atender aos países que máis o precisan. O século XXI ten que ser o século da solidariedade”.

A Delegación que visita a cidade está composta por Rosa Miguélez, vicepresidenta da Comisión de pesca e membro da Comisión de Agricultura e Desenvolvemento Rural, Giovanna Corda, Lily Jacobs, Roselyne Lefrançois e Vincenzo Lavarra integrantes desa Comisión, Fontana Federica, Marcus Breuwer e Malén González axudantes dos deputados e Horacio Rouco, coordenador da delegación en Galicia.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova