Cargando....
Concello de Lugo
14/08/22
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo colabora coa organización do II Torneo de Bowling


# Xoves, 16/10/2008
A competición contará con preto de 80 participantes

A Concellería de Deportes, que dirixe Jose Manuel Díaz Grandío, colabora na organización do II Trofeo Cidade de Lugo As Termas de Bowling, xunto con Milesios Bowling Club, que terá lugar na cidade dende hoxe xoves 16 de outubro ao domingo día 19.
Con esta iniciativa ponse de manifesto o apoio que o Concello de Lugo realiza ós deportes minoritarios e que deben gozar do mesmo respaldo que as demáis prácticas deportivas.

A competición será un torneo individual en categorías de homes e mulleres e menores de 18 anos. Nesta segunda edición participarán unhas 80 persoas de toda España: Asturias, Madrid, León, Galicia…

A competición terá lugar na Bolera Pleno do Centro Comercial As Termas o xoves e o venres a partir das 18:00 horas e o sábado e o domingo a partir das 9:30 horas.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova