Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Aprázase a actividade Nonétrivial por mor do mal tempo


# Xoves, 16/10/2008


A actividade Nonétrivial que estaba previsto que tivera lugar hoxe xoves 16 de outubro, aplázase por mor do mal tempo. Esta actividade organizada polo Concello de Lugo aprazarase á finais da semana que ven, próximamente publicarase a data na que se e desenvolverá nas rúas próximas á Praza Maior.

No xogo poderán participar ata 36 persoas á vez que farán de fichas saindo do centro do taboleiro situado na praza Maior e desprazándose polos casilleiros situados nas rúas do centro da cidade: rúa da Raíña, Doutor Castro, Conde Pallares, Praza de Santa María, Bispo Aguirre…

Trátase dunha nova instalación de Luz Darriba, promovida pola Casa da Muller do Concello de Lugo,que depende da Concellería de Muller e Benestar Social que dirixe Carmen Basadre. Esta iniciativa consiste na exposición urbana dun macro xogo de preguntas e respostas. Con este proxecto trátase de poñer ao descuberto os nosos coñecementos sobre a vida, a historia e o presente das mulleres, que ao longo do tempo foi silenciado ou ignorada.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova