Cargando....
Concello de Lugo
19/08/22
NOVAS
Escoita esta páxina

Lugo acolle o VII Campionato de España Cadete de Atletismo


# Xoves, 16/10/2008
Máis de 600 atletas se darán cita ao longo da fin de semana nas pistas de Gregorio P. Rivera

A vindeira fin de semana, o sábado 18 e domingo 19, Lugo será o centro do atletismo nacional ao ser a sede do VII Campionato de España de Atletismo Cadete que foi presentado hoxe polo Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, o Presidente da Federación Galega de Atletismo, Isidoro Hornillos, e o Delegado da Federación en Lugo, José Luis Fernández Perejón.

O Concelleiro de Deportes suliñou que os lucenses poderán disfrutar cos mellores atletas de España nesta categoría. Agradeceu “a todas as personas que colaboraron para facer posible a organización deste evento e ás federaciones española e galega de atletismo por elexir a Lugo como sede deste campionato que será o mellor escaparate do que é hoxe o atletismo en España”.

Os máis de 600 atletas que participarán nas diferentes probas individuais, comezarán a dar boa mostra das súas aptitudes a partir das 10:00 horas do sábado nas pistas de atletismo Gregorio P. Rivera.

Cada atleta poderá participar nun máximo de dúas probas. No caso de participar en dúas carreiras solo poderán realizarse unha de máis de 200 metros e os atletas de probas combinadas soamente poderán participar nelas.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova