Cargando....
Concello de Lugo
25/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A revista Foeminas dedica a súa nova edición ao Día Internacional Contra a Explotación Sexual e a Trata de Persoas


# Mércores, 15/10/2008


O pasado 23 de setembro celebrábase o Día Internacional Contra a Explotación Sexual e a Trata de Persoas, e no número 30 da revista Foeminas analízase en profundidade todos os problemas que se desenvolven entorno a esta lacra social.

Para iso, na Portada neste novo número expoñese a análise dos editores sobre o problema nu artigo titulado Facer diñeiro co que sexa… Neste mesmo apartado ofrécese a segunda parte da reportaxe realizada sobre o colectivo MAGÉNTA, un grupo integrado maioritariamente por homes, que loitan pola igualdade de xénero en Perú. MAGÉNTA responde sobre a violencia que atravesa a vida das mulleres (violencia física, aborto clandestino, prostitución e trata) no seu país e no resto do mundo.

Por outra banda, en Portada publícase unha interesante colaboración da investigadora Jacqueline Phaeton (doutora en Estudos Ibéricos pola Universidade de Tours, Francia) quen presenta o seu artigo denominado: Apuntamentos sobre a prostitución feminina e a dobre moral na España do primeiro franquismo.

Mullerciclopedia tamén reflexiona sobre a violencia a través do artigo de Cristina Corral Soilán titulado A liberdade ten nome de muller sobre o libro de Ana Tortajada El grito silenciado.

En Contemporánearroba expoñese a obra da pintora Dolores Cendrero González e na Galería de Arte a da fotógrafa Grete Stern.

Historia de Mulleres trae do recordo a intensa e valiosa vida dunha das mulleres que máis contribuíu á educación das mulleres: María de Maeztu.

Para rematar, as seccións habituais como: Viaxeiras, Foeminas panorámica, Mullerecetario e Noticias continúan con novos contidos.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova