Cargando....
Concello de Lugo
25/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Un grupo de estudantes do Politécnico visitaron o Cei-Nodus para descubrir as oportunidades empresariais


# Xoves, 16/10/2008
Participaron nun seminario para a Difusión da Creación de Empresas

O Concello de Lugo continúa co seu compromiso de achegar e poñer ao servizo de toda a cidadanía o CEI-Nodus, e nesta ocasión foi un grupo de 20 alumnos e alumnas do IES Politécnico os que visitaron as instalacións do centro e participaron nun seminario para a Difusión da Creación de Empresas.

Esta actividade englóbase dentro do proxecto Aula Emprendedora posto en marcha polas Concellerías de Economía e Emprego, que dirixe Sonia Méndez, e a de Educación, dirixida por Dolores Vieiro e que persigue que os mozos e mozas adquiran no Centro de Empresas e Innovación, coñecementos e capacidades emprendedoras ao mesmo tempo que estimulan a súa curiosidade pola actividade empresarial.

Os alumnos e alumnas que participaron nesta visita recibiron nocións básicas sobre a creación dos propios negocios e estímulos para fomentar o seu carácter emprendedor. Ademais os participantes nesta visita puideron coñecer as posibilidades que dende o Concello se ofrecen para apoiar os seu espíritu innovador, así como as ferramentas e axudas que teñen á súa disposición os emprendedores lucenses para a creación de novas empresas que posibiliten ao mesmo tempo a creación de emprego.

Este achegamento dos rapaces e rapazas ao CEI-Nodus e ao mundo empresarial continuará ao longo do mes de outubro e de novembro.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova