Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo presenta un proxecto de orzamentos no que se prioriza o gasto social dirixido ás persoas


# Venres, 17/10/2008
Son uns orzamentos solidarios que garanten a protección social dos sectores máis débiles

Increméntase o gasto en persoas, e refórzase o destinado ao fomento do emprego e á obra pública

A pesar da crise o orzamento aumenta máis dun 3% para continuar o traballo realizado na cidade de Lugo

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, explicaron o proxecto de orzamentos municipais que presentaron aos grupos da oposición para o seu estudo. López Orozco destacou que “é unha proposta aberta á negociación, o único intocable é o gasto social, que supón case o 40% do orzamento total”.

Trátase duns orzamentos austeros que priorizan o gasto social e o fomento do emprego. O Concello, como administración máis próxima á cidadanía, centra este proxecto económico nos sectores máis débiles e nos aspectos que máis preocupan aos veciños e veciñas de Lugo.

O equipo de goberno presenta uns orzamentos axustados e contidos, con incremento do gasto social, mantemento dos investimentos en dotacións públicas e importantes reduccións no gasto voluntario.

Lógrase isto sen incurrir en déficit presupostario, é un orzamento equilibrado en ingresos e gastos e no que o gasto social, o programa URBAN e a auga de calidade son os protagonistas.

O orzamento sube grazas á boa xestión económica
A proposta de orzamento para o ano 2009, a pesar do momento de recesión económica mundial, aumenta nun 3,4% con respecto ao do ano 2008, acadando a cifra de 104.313.329 euros, sen incluír aínda o orzamento de EVISLUSA (Empresa Municipal do Solo).

Evolución orzamentaria municipal dende o ano 1998

Atención á economía familiar e ao fomento do emprego
Máis da metade dos ingresos que recibe o Concello, proceden dos tributos municipais, o que significa que a administración local goza dunha autonomía financiera que lle permite depender cada vez en menor grao das transferencias externas do Estado e da Xunta.

O máis satisfactorio é que o goberno local non carga sobre o peto do contribuínte e aposta por non subir os impostos municipais, un ano máis conxela o IBI e o imposto de circulación, os tributos que son soportados por un maior número de contribuíntes: 150.000 recibos. Isto é posible coas novas altas nos padróns e tamén grazas a unha persecución rigorosa do fraude, de xeito que se pagamos todos, pagaremos menos.

O goberno local contínua a poñer o énfase no gasto social: case 41 millóns de euros irán destinados á producción de bens públicos de carácter social. Isto  representa un 40% do orzamento total, e permite que se reforcen servizos como os programas de emerxencia social, axuda no fogar, fogar do transeúnte, centros sociais, centros de día, programas sociais; emprego e educación, etc.
- Fomento do emprego:   42% pasando a  5.915.820 euros
- Centros de día e axuda no fogar:    54% pasando a 3.753.799
-Programas de inserción social para colectivos desfavorecidos:  44% pasando a 2.135.504 euros
-Escolas infantis.-  24% pasando a 2.599.818 euros
- Axudas para a accesibilidade de vivendas.-  30%

Para contribuir ao fomento do emprego, farase moito fincapé na formación e a información neste senso. Aumenta o plantel de persoal para programas de emprego: máis de 20 técnicos dedicados á inserción laboral e á creación de empresas na nosa cidade, incluidos os xestores do Pacto Local polo Emprego.

Serán os que dirixirán programas de emprego que contribuirán a inserción laboral de máis de 400 persoas en programas PILES, escolas taller, itinerarios personalizados de Lugo, emprego activo. O obxectivo: paliar o problema de desemprego en colectivos con máis dificultades a través da formación e a capacitación profesional en novos nichos de emprego.

Sostibilidade medioambiental e calidade da auga
O Goberno Local fai tamén unha importante aposta pola mellora da calidade da auga. Pouco a pouco vaise facendo realidade o obxectivo de que toda a cidadanía consuma auga de calidade e con tranquilidade da propia billa. Esta foi unha aposta forte do equipo de goberno que garantirá auga de calidade para os vindeiros 25 anos.

O saneamento e abastecemento contarán cun orzamento de 7.072.410 euros, aumenta nun 64% con motivo das novas instalacións que empezarán a funcionar en 2009 e que redundan en beneficio da sostenibilidade ambiental.

- Sostibilidade medioambiental e calidade da auga.-   64%.- 7.072.410 euros

Gastos improductivos diminúen
Realízase un importante esforzo de redución do gasto que se destina a gastos de representación, actividades ou gasto voluntario: redúcese nun 12%. O mesmo ocorre cos gastos de mantemento, oficina, consumo, etc.

- Gasto improductivo.-  12%

Os gastos xerais de representación, institucionais ou de protocolo, xa moi axustados, descenden nun 13%. Son 230.000 euros en boa parte destinados ao pago de cotas por participar en asociacións e redes de cidades catedralicias, cidades amuralladas, que non se poden reducir. Sí se reducen o resto de gastos, realizando un enorme esforzo de austeridade, xa que esta partida estaba xa moi axustada. Ademais, conxélanse as partidas destinadas a festas.

- Gastos de representación e protocolo.-     13%

Iluminación e limpeza
Aumenta o gasto en iluminación e limpeza nun 8%. Na actualidade hai máis puntos de luz,  máis centros) e para iso dedicaranse 12 millóns de euros. A suba amortiguase porque se prevé unha redución do gasto enerxético cando se empecen a implantar as medidas que determine o plan enerxético froito da auditoría que porá en marcha o Concello.

Seguridade
Apostamos tamén pola protección da comunidade, cunha partida de 9.800.000 euros. O gasto aumenta, e teremos unha nova sede para estes  fins en Sanfiz. Duplícase o gasto en maquinaria e material para Bombeiros.

Outra das apostas presentadas neste proxecto, é a de favorecer ás empresas lucenses en esta delicada situación económica, por iso, conxelarase a taxa para licenzas de apertura de establecementos e bonificarase o IAE ás empresas que contraten de xeito indefinido a persoas empadroadas en Lugo. Estes incentivos fiscais reforzan os programas de axudas á creación e a consolidación de empresas que se desenvolverán a través de URBAN.

Reforzando tamén outra liña do proxecto URBAN, como é a de mellorar a imaxe da cidade a través de axudas para restaurar fachadas, cambiar rótulos comerciais, etc., ampliaranse as bonificacións para obras realizadas en áreas de rehabilitación integral.

O equipo de goberno prevé un descenso na recadación por licenzas urbanísticas. Para evitar resultados inesperados plantexouse a situación máis pesimista cun descenso da recadación dun 15%.

Tranferencias e URBAN
Prevese o mantemento das transferencias doutras administracións para o ano 2009. Ademais das ordinarias, en 2009 teremos 700.000 euros procedentes do Fondo Social Europeo que destinaremos a políticas activas de emprego que beneficiarán  a máis de 300 persoas. Destacan tamén os 780.000 euros da Xunta para adquisición de vivendas sociais.

Sen dúbida o programa URBAN constitúe unha inxección económica importante para a cidade de Lugo, o Concello lucense ten unha posición privilexiada fronte a outros, debido á consecución deste proxecto de máis de 15 millóns de euros. Para o ano 2009 a Deputación aportará 500.000 e o Ministerio de Economía 2.266.000 euros.

O resto de ingresos corresponden a anualidade que ingresará a Xunta polos terreos das Gándaras vendidos polo Concello para a construcción dun parque empresarial e a venda de parcelas municipais, cuxos ingresos se destinarán a patrimonio público.

Obras públicas e Vivenda
Mantéñense as obras públicas máis importantes. A obra pública municipal, xeradora de riqueza, contribuirá a dinamizar os postos de traballo do sector da construción, un dos máis afectados pola crise. Neste senso o proxeto de orzamento municipal inclúe un investimento total de 22.359.804 euros, mantendo o do ano 2008.

- Investimento en obra pública:    22.359.804 euros

A pesar da crise económica, conseguimos non paralizar ningunha obra pública.

Destacan partidas tan importantes como:

 

o          Urban: 3.561.436 euros (Concello aporta  694.687 euros e o resto a Deputación e o Ministerio)

o          1ª fase Nova sede policía: 1.670.000 euros

o          1ª fase Novo centro cívico en Sanfiz: 400.000 euros

o          Adquisición pisos erradicación chabolismo: 659.600 euros

o          Escola infantil Piringalla, remate e mobiliario: 175.000 euros

o          Mobiliario comedores de escola Piringalla: 120.000 euros

o          1ª fase Nova escola infantil no Ceao: 100.000 euros

o          Xogos infantís, novos parques, rotondas, etc.: 587.000 euros

o          1ª fase Plan director do parque Rosalía: 200.000 euros

o          Parque Paxariños-3ª fase: 600.000 euros

o          Equipamento biblioteca Piringalla: 200.000 euros

o          MIHL: 585.573 euros

o          Instalacións deportivas: 800.000 euros

o          Saneamento rural: 1.970.000 euros

o          Asfaltado de pistas: 900.000 euros

o          Rúas nos barrios: 2.549.000 euros

Hai que ter en conta que a este investimento directamente realizado polo Concello, debemos sumar o realizado por outras entidades con subvención do Concello e que supoñen  1.165.569 A suma total do investimento e de 22.359.804 euros, mantendo o do 2008.

Barrios e zona rural, unha prioridade
Por suposto os barrios seguen a ser unha das prioridades deste goberno. A humanización de toda a cidade e os arranxos de  rúas seguirán sendo consensuados cos veciños. Para este traballo destínanse 4.489.584 euros na zona urbana e 3.500.000 euros na rural

Dinamización Económica a través do Turismo
O Concello aposta claramente polo turismo como un instrumento de dinamización económica da cidade. A visita de máis de 1 millón de persoas ao longo das festas de San Froilán, deixou uns beneficios na hostalería e no comercio lucense fundamentais.
-Dinamización económica a través do turismo.-      34%.-1.015.120 euros

Lugo xa está consolidado como un destino turístico de primeiro nivel, e tenden a desestacionalizarse as visitas o que permitirá o incremento dos turistas en todas as épocas do ano.

Subvencións
O Concello mantén o seu compromiso co tecido asociativo da cidade e continuará co seu esforzo para manter as subvencións destinadas a asociacións.

Aumentan as axudas á cooperación ao desenvolvemento nun 16% e aumentan tamén as axudas para accesibilidade de vivendas nun 30%.

A maiores, propoñemos becas para 350 participantes do proxecto Lugo emprego activo que ascenden a 270.562 euros ou para participantes na escola taller A memoria da cidade, 30.937 euros.
Aumenta:
Disminúe:
Mantense:




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova