Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Arredor de 6.000 rapaces participarán na XVIII Mostra de Teatro Infantil


# Venres, 17/10/2008
O ciclo contará con seis obras de teatro ata o 27 de novembro

A Concelleira de Educación, Dolores Vieiro, e o xerente de Caixa Galicia en Lugo, Sinesio Pérez, presentaron hoxe unha nova edición da Mostra de Teatro Infantil, organizada pola súa Concellería e Caixa Galicia, e que está destinada aos escolares lucenses de Infantil e Primaria.

Vieiro explicou que nesta XVIII edición participarán ao redor de 6.000 alumnos e alumnas de Educación Infantil e Primaria.

Esta actividade organizada dende o Concello de Lugo conta cada ano con unha maior demanda.

Serán en total seis obras de teatro con varias representacións cada unha interpretadas por distintas compañías de renome nacional e internacional. As representacións comezaron xa esta semana e se prolongarán ata o 27 de novembro. Terán lugar alternativamente no Auditorio Gustavo Freire e no Centro Social de Fingoi.

As obras repetiranse en varios pases na xornada de mañá, que só serán para grupos de escolares. Un día á semana haberá unha representación pola tarde, ás sete, aberta a todo o público. Os prezos serán de 1 euro para os nenos e 2 para adultos.

Esta semana representouse Rucs. O maleficio do bruxo representada pola compañía La Pera Limonera. Esta obra conta a máxica historia da princesa Catarina, o príncipe Rosendo e o mago da Espulla Verde.

A vindeira semana, da man de La Tartana, os rapaces e rapazas lucenses poderán disfrutar de Vacamioneta. Trátase dunha representación na que os acontencementos darán paso ás situacións máis insólitas.

Entre o 28 e o 30 de outubro a compañía italiana La Baracca porá en escea unha representación moi orixinal do clásico conto de Brancaneves.

Xa en novembro,  os lucenses poderán disfrutar coas obras Outra vez, A lúa de Xoan e Pacama.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova