Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde de Lugo recibe ao Embaixador de EE.UU. en España


# Xoves, 23/10/2008
A visita enmárcase dentro dunha viaxe que o diplomático americano está a realizar por diferentes cidades de Galicia

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, recibiu hoxe na Casa do Concello ao Embaixador de  EEUU en España, Eduardo Aguirre. O diplomático visitou Lugo dentro dunha viaxe que está a realizar por Galicia e que rematará na Coruña onde inaugurará a nova sede do consulado.

O embaixador firmou no Libro de Ouro da cidade e intercambiou agasallos co rexidor local.

O Alcalde deuxe a benvida á cidade e agradeceulle a súa visita a Lugo. Ademais solicitoulle que “anime aos americanos que veñan a visitar a cidade e, por qué non, a invertir en Lugo”. Pola súa banda o embaixador afirmou que “a miña visita está destinada a coñecer mellor a cidade e a provincia para poder presentala aos empresarios americanos”.

Aguirre exerce o seu cargo como embaixador de EEUU en España e Andorra dende xuño de 2005. Anteriormente foi o Director dos Servizos de Cidadanía e Inmigración de Estados Unidos con rango de Subsecretario dentro do Departamento de Seguridade Nacional. Ademais foi o Presidente do Banco de Exportación e Importación de EEUU e do Banco Privado Internacional do Bank of America durante 24 anos, tempo no que o seu equipo foi recoñecido pola excelencia do servizo ao cliente, a capacidade de ganancia  e a conformidade regulativa.

O embaixador foi ademais membro das xuntas de numerosas institucións públicas, profesionais e cívicas como o Hospital infantil de Texas, a Fundación da Abogacía de Texas, a Fundación Operación Pedro Pan, a Asociación de Banqueiros para as Finanza e o Comercio, e das divisións en Houston da Cruz Vermella e do Exército de Salvación.

Eduardo Aguirre foi condecorado coas máis altas honras civís polos Gobernos de diferentes países como a Orden de Hilal-i-Quaid-i-Azam de Pakistán, a Orden José Matías Delgado da República de El Salvador e a Orden de Cristóbal Colón da República Dominicana. No ano 2007 foi nomeado Membro honorario da Fundación Pro Real Academia Española de la Mar e Académico de Mérito da Real Academia de la Mar.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova