Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo concede máis de 66.700 euros para axudas ao aluguer de vivendas


# Venres, 24/10/2008
Un total de 66 familias poderán disfrutar destas axudas

Como novidade as axudas poderán ter unha duración de tres anos sempre que se cumpran os requisitos

O Concello de Lugo, elexiu xa aos destinatarios do programa de axudas municipais para o alugamento de vivendas na cidade. Con esta iniciativa o equipo de Goberno pretende facilitar o acceso á vivenda ás persoas que se atopen nunha situación socioeconómica que lle dificulte ou imposibilite acceder ao alugamento dunha vivenda digna.

Un total de 136 persoas presentaron a súa solicitude, 3 delas renunciaron e 67 non cumprían as bases requeridas para poder optar a estas axudas, polo que foron concedidas a un total de 66 familias, 14 máis que no 2007, divididas nos seguintes colectivos:

-Pensionistas : 7 solicitantes

-Inmigrantes e emigrantes retornados:  39 axudas

-Xente nova de entre 18 e 35 anos (ambos inclusive):  8 persoas

-Familias monoparentais con cargas familiares non compartidas:  4

- Persoas con discapacidade cunha minusvalía superior ao 33%:  4

- Mulleres vítimas de violencia de xénero: 1

- Mulleres e homes separados/as ou divorciados/as con problemática de acceso a vivenda derivada da ruptura da unión familiar: 1

-Outros: 2

O Concello investirá un total de 66.723 euros a estas axudas que supoñen entre o 10 e o 50% do prezo do alugamento da vivenda. Para determinar a contía da axuda a cada unidade familiar tívose en conta os seus ingresos ponderados do último exercicio económico vencido. Ponderación que estivo determinada polo número de membros que integran a familia; o número de ascendentes e descendentes que posúe e se se trata dunha familia monoparental.

Por primeira vez as axudas terán unha duracción máxima de 12 meses e prorrogables dous anos máis, sempre que a persoa continúe a cumprir os requisitos.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova