Cargando....
Concello de Lugo
24/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo destina 12.500 euros ás axudas para libros de texto dos fillos do persoal municipal


# Luns, 27/10/2008
As solicitudes poderán presentarse ata o 10 de novembro no Rexistro

O Concello de Lugo destinará a cantidade de 12.500 € para axuda na adquisición de libros de texto dos fillos do persoal municipal no presente ano.

A axuda vai dirixida ao persoal con praza en propiedade e con fillos ao seu cargo, que realicen no ano académico 2008-2009 educación infantil, primaria, secundaria, bacharelato, formación profesional ou ensinanza universitaria e non se acolleran ao programa de gratuidade de libros de texto ou ao cheque da Xunta de Galicia, ou a axuda de calquera outra Administración.
           
Os interesados en solicitar a axuda para os libros deberán presentar unha solicitude no Rexistro Xeral do Concello, acompañada da factura orixinal da compra de libros a nome do traballador solicitante, así como unha fotocopia do libro de familia. No caso de ser varios os fillos deberá presentarse unha solicitude por cada fillo, xa que, no caso contrario, únicamente será aboada unha axuda e, cando se trate de fillos/as maiores de 18 anos, deberá compañarse á solicitude unha copia da matrícula do centro onde vaia cursar os estudos.
           
O prazo de presentación de solicitudes rematará o día 10 de novembro.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova