Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Unha vintena de magos participarán en Lugomáxico 2008


# Luns, 27/10/2008
A VI Semana Internacional de Maxia en Lugo arrincará co espectáculo de Jorge Blass El Arte de la Magia

Unha vintena de magos encherán de trucos e misterios a cidade ente o luns día 3 de novembro e o sábado día 8. As actuacións formarán parte da sexta edición da Semana Internacional da Maxia. Lugo Máxico 2008 organizada pola Concellería de Cultura e Turismo do Concello de Lugo en colaboración co colectivo Waldemar e a productora Abracadabra Produccións.

A Concelleira de Cultura e Turismo, Concepción Burgo,  o vicepresidente do colectivo máxigo Waldemar, José Antonio Díaz, e o Mago Rafa e o Mago Teto, presentaron o programa desta reunión internacional de magos. A maxia será a actividade principal nesta semana na que haberá representacións dunha vintena de magos de procedencia local, galega, nacional e internacional para todas as idades e en distintos espazos públicos.

A Concelleira indicou que “como cada ano o programa terá unha gran repercusión ao contar con magos de primeiro nivel  repartidos por toda a cidade”.

O programa desta edición arrinca o luns día 3 de novembro ás 20:30 horas coa Gala Inaugural a cargo de Jorge Blass que presentará o seu espectáculo El arte de la magia no Auditorio Municipal Gustavo Freire.

Os catro días seguintes haberá actuacións para escolares no Auditorio Gustavo Freire, no Campus Universitario, en locais como o Mesón do Forno, no Hospital Xeral, nos locais de diferentes asociacións ou nas rúas do centro da cidade. Serán moitas as  figuras da maxia que presentarán os seus espectáculos nestes escenarios.

Ademais, o programa establece outras dúas galas máis en horario nocturno no Auditorio Municipal que segundo os organizadores “cada ano contan cunha maior calidade artística”. O venres, ás nove, actuará Mag Lari, que presentará Secrets, unha actuación que está considerada como o mellor espectáculo de maxia de Europa.

Pechará este Lugo Máxico 2008 o sábado día 8 a gran gala de maxia internacional na que se poderá disfrutar coas actuacións do arxentino Mad Martin, o belga Mikael, Jerome Helfenstein de Suiza, Jerome Murat de Francia, Dance Magic Show de Israel e os españois Luis Manuel e Arkadio.
 

Todas as actuacións dos magos serán gratuítas agás as galas, nas que haberá que pagar entre 6 e 10 euros, dependendo do preto que se sitúe o asento do esceario.

As entradas para estas galas poderán mercarse na web www.caixanova.es , na taquilla telefónica 902 50 45 00, ou unha hora antes do inicio do espectáculo na taquilla do Auditorio. O programa detallado pode consultarse na web municipal, www.lugo-maxico.com  e www.ilugsion.com




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova