Cargando....
Concello de Lugo
25/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A obra Outra vez sorprenderá a nenos e maiores cunha viaxe ao descoñecido


# Martes, 28/10/2008
A representación forma parte da XVIII Mostra de Teatro Infantil

A compañía de Teatro Ultramarinos de Lucas está a representar no Centro Social de Fingoi a obra Outra vez dentro da XVIII Mostra de Teatro Infantil que organiza a Concellería de Educación que dirixe Dolores Vieiro.

Mañá mércores, 29 de outubro ás 19:00 horas, terá lugar unha representación dirixida ao público familiar. O prezo será de 1 euro para os nenos e nenas e de 2 euros para os adultos.

A obra, dirixida a nenos e nenas de entre 3 e 5 anos, narra unha viaxe cara  descoñecido co obxectivo de descubrir o mundo.

Nun espazo circular, aparecen uns viaxeiros con maletas das que sacan obxectos, xoguetes, estímulos que despertan os sentidos e a imaxinación dos espectadores, provocando sorpresa e, quizais, unha pegada indeleble e gratificante, que os acompañará para sempre.

Otra vez é unha invitación a compartir dende dentro a sorpresa do descubrimento dun mundo que se vai construindo ante os ollos dos máis pequenos.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova