Imprimir

A OBRA OUTRA VEZ SORPRENDERÁ A NENOS E MAIORES CUNHA VIAXE AO DESCOÑECIDO


28/10/2008 A representación forma parte da XVIII Mostra de Teatro Infantil

A compañía de Teatro Ultramarinos de Lucas está a representar no Centro Social de Fingoi a obra Outra vez dentro da XVIII Mostra de Teatro Infantil que organiza a Concellería de Educación que dirixe Dolores Vieiro.

Mañá mércores, 29 de outubro ás 19:00 horas, terá lugar unha representación dirixida ao público familiar. O prezo será de 1 euro para os nenos e nenas e de 2 euros para os adultos.

A obra, dirixida a nenos e nenas de entre 3 e 5 anos, narra unha viaxe cara  descoñecido co obxectivo de descubrir o mundo.

Nun espazo circular, aparecen uns viaxeiros con maletas das que sacan obxectos, xoguetes, estímulos que despertan os sentidos e a imaxinación dos espectadores, provocando sorpresa e, quizais, unha pegada indeleble e gratificante, que os acompañará para sempre.

Otra vez é unha invitación a compartir dende dentro a sorpresa do descubrimento dun mundo que se vai construindo ante os ollos dos máis pequenos.