Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde de Lugo participa na entrega dos IV Premios á solidariedade organizados pola ONCE


# Martes, 28/10/2008
Os cinco premiados destacan polo seu labor solidario a favor da integración

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, participou hoxe, xunto ao Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, o Conselleiro de Traballo, Ricardo Varela, e o Presidente da ONCE, Miguel Carballeda Piñeira, na entrega dos IV Premios á solidariedade organizados por ONCE Galicia.

Nesta cuarta entrega dos premios foron cinco os galardonados polo seu labor solidario a favor da integración das persoas con discapacidade, cunha peza única da artista coruñesa Julia Ares e un diploma:
- Premio de Medios de Comunicación, Localia TV de Santiago.
- Premio de Accesibilidade Universal e Igualdade, a asociación Pro-Discapacitados Psíquicos Apader de Cedeira.
- Premio de Integración Laboral, o Concello de Carballo.
- Premio como Galegas Destacadas no impulso á Integración, Sor Micaela Duque, superiora do Cottolengo de Santiago de Compostela, e Pilar Mingote, presidenta da asociación de axuda ás presas de Teixeiro: Nosotras Intramuros.

Os premiados foron elexidos o pasado mes de maio, en Santiago de Compostela, por un xurado integrado polos directores de 18 medios de comunicación de Galicia, e do que tamén formaron parte o Decano da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC, así como  o Delegado Territorial e a Presidenta do Consello Territorial da ONCE.

A entrega de premios concluiu cunha breve actuación dunha sección da Coral “Cidade de Vigo” da ONCE. Nove dos seus compoñentes (2 baixos, 3 contraltos, 1 tenor e 3 sopranos), dirixidos polo profesor de piano Mariano Vázquez Tur, interpretarán cinco pezas na honra dos premiados e asistentes.

A Fundación ONCE aproveitou a ocasión para rendir tamén a súa propia homenaxe ao diario El Progreso de Lugo no ano do seu centenario, facéndolle entrega á súa presidenta, Blanca García Montenegro, dunha reprodución esmaltada do cupón homenaxe o centenario do diario lucense que se sorteou o pasado 16 de agosto.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova