Cargando....
Concello de Lugo
25/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A Delegada de Urbanismo mantén o calendario previsto para aprobación do PXOM


# Martes, 28/10/2008
A Comisión de Planeamento revisou os informes sectoriais da Confederación Hidrográfica, Carreteras do Estado, Estradas da Xunta e a Consellería de Cultura

A Delegada de Urbanismo, María Novo, informou aos grupos políticos con representación municipal na Comisión de Planeamento celebrada esta mañá sobre os catro informes sectoriais que había pendentes sobre o Plan Xeral de Ordenación Municipal.

Novo explicou que "os informes sectoriais da Confederación Hidrográfica, de Carreteras do Estado e de Estradas da Xunta de Galicia son favorables, mentras que o informe da Consellería de Cultura recolle determinadas recomendacións que o Concello debería incluir no plan".  A este respecto,  presentáronse ante a Comisión de Planeamento os informes dos técnicos municipais (sobre os que están dacordo todos os grupos políticos) nos que se establecen que "algunhas das propostas realizadas pola Consellería de Cultura son aplicables porque inciden sobre bens de interese cultural, pero outras desestímanse porque os técnicos entenden que xurídicamente a Consellería non ten competencias".

A Delegada explicou que o Goberno Local ten a intención de cumprir coas disposicións de cultura en todos aqueles ámbitos que sexan da súa competencia polo que se redactou un informe xurídico para establecer cales son as modificacións que se deben incorporar ao plan e nas que están xa a traballar os técnicos municipais e o equipo redactor:

- Recomendacións nos ámbitos BIC (Bens de Interés Cultural) declarados fóra do recinto histórico: Termas Romanas, a Igrexa de Meilán e a de Santa María de Bóveda, que contarán cun cortorno oficial de protección.

- Hórreos de máis de cen anos que pola lei específica teñen a mesma protección que os bens de interese cultural. Neste punto estase a revisar o listado de hórreos remitido por cultura para comprobar cales cumpren realmente con esta característica.

- Ao igual que cos hórreos incorporaranse catro muíños máis aos ámbitos protexidos.

- Os bens do catálogo do ano 90 que estaban descatalogados e que se incorporaron como bens catalogados ao inventario de cultura tomouse a decisión de incorporalos de novo ao catálogo.

Neste momento os técnicos municipais están a traballar nas modificacións propostas por cultura polo que o plan está na fase previa de aprobación provisional. A Delegada de Urbanismo explicou que "de seguir a este ritmo o plan poderá aprobarse segundo o calendario previsto a finais de novembro ou principios de decembro".




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova