O proxecto de Escola Obradoiro “A memoria da cidade” está concebido para formar a 33 alumnas e alumnos traballadores. Os módulos que se impartirán na Escola serán os seguintes:
- Xestión documental
- Restauración do patrimonio
- Imaxe dixital
O obxectivo principal que se pretende acadar ao remate do proxecto é:
- Recuperar para a cidade un conxunto de obras e documentos escritos de alto valor histórico de propiedade municipal, que actualmente se atopan en deficiente estado de conservación.
- Avanzar significativamente no tratamento documental integrado do propio Arquivo Municipal.
- Conseguir a imaxe dixital plena de todos os documentos gráficos que pertencen ó Arquivo.
- Facilitar a formación e a experiencia profesional a persoas desempregadas menores de 25 anos.
A Escola terá unha duración de 18 meses e desenvolverase en tres fases cada unha de 6 meses.
O prazo de execución será do 1 de decembro de 2008 ata o 30 de maio de 2010.
O orzamento é de 655.035, 40 €.
Na actualidade o Arquivo Municipal conta con arredor de 17.000 caixas de documentos gardadas no depósito e 3.000 no histórico, e con máis de 500 planos, fotografias e libros de actas de antes de 1812.
A primeira tarefa desta escola obradoiro será a contabilización de toda a documentación presente no arquivo.
A memoria da cidade, permitirá aumentar os recursos informativos de cara á cidadanía e poñer en valor o rico patrimonio documental do Concello de Lugo.