Cargando....
Concello de Lugo
12/07/20
NOVAS
Escoita esta páxina

Los seis signos de la luz será a primeira proxección do ciclo de Cinensino


# Xoves, 30/10/2008
Uns 700 rapaces e rapazas da cidade participarán nesta primeira sesión

O Servizo Municipal de Prevención de Drogodepencias, dependente da Concellería de Muller e Benestar Social, que dirixe Carmen Basadre, inicia mañá, venres 31 de outubro, unha nova edición do programa Cinensino.

Este programa, que se engloba dentro do Plan Nacional contra a Drogadicción, contempla a proxección de tres películas, unha por trimestre, que posteriormente son traballadas individualmente polos asistentes con fichas que se lles repartirán á finalización das proxeccións.

O programa deste curso iniciarase coa proxección do filme Los seis signos de la luz. Poderá verse en dous pases, ás dez da mañá e ás doce, no Auditorio Gustavo Freire.

Está xa confirmada a participación nesta primeira proxección duns 700 alumnos e alumnas de Primeiro e Segundo da ESO e 25 profesores procedentes de 9 centros de ensino de Educación Secundaria da cidade.

As proxeccións continuarán nos meses de xaneiro e abril con outros dous títulos que permitirán traballar as diferentes unidades cos alumnos nas aulas.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova