Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Cemiterio de San Froilán contará con actuacións de música clásica na festividade dos Defuntos


# Venres, 31/10/2008
O domingo día 2 de novembro terá lugar a ofrenda floral no Xardín das Lembranzas

Con motivo da celebración da festividade do día de Todos os Santos, o Concello de Lugo organizou unha serie de actos e medidas especiais de funcionamento no cemiterio municipal.

Xa dende o pasado luns, 27 de outubro, o recinto do cemiterio permanece aberto, en horario continuado, de 10 a 19 horas. Este horario de apertura manterase ata o domingo, día 2 de novembro inclusive.

O día 1 aberá actuacións do grupo de música clásica Straniki. Serán dúas sesións, unha matutina de 12:00 a 13:00 horas e outra pola tarde de 17:00 a 18:00 horas.

O domingo día 2 de novembro realizarase a tradicional ofrenda floral no Xardin das Lembranzas do Cemiterio de San Froilán. O acto terá lugar ás 12:00 horas e estará amenizada, de novo, polo grupo Straniki.

Ademais a Concelleira de Servizos Xerais, Luisa Zarzuela, fará nesta xornada unha presentación á Corporación das últimas actuacións realizadas no cemiteriopara imprimir ao campo santo un carácter significativo e ofrecer aos familiares e amigos un consolo e un refuxio emocional frente á dor pola perda dos seus seres queridos. Nesta ocasión, colocáronse, en lugares estratéxicos do Cemiterio, uns macizos de flores acompañados de frases de esperanza e de vida frente á morte.

Tamén hai que recordar que con motivo da festividade o Concello de Lugo reforzará o día 1 o servizo de autobuses ó Cemiterio con tres liñas que realizarán o seguinte percorrido e horarios: saidas dende Sindicatos con destino ó Cemiterio e viceversa cada 20 minutos (ademais do servizo normal da liña base 5e, que realizará o seu itinerario e horario habitual).

Itinerario dos servizos especiais:

-Sindicatos, Ronda da Muralla, Rúa Santiago, Ponte Vella, Carretera de Santiago, Cemiterio. Cada 20 minutos dende as 9:00 ata as 19:00 horas.

-Cemiterio, Carretera Vella de Santiago, Ponte Vella, Ronda da Muralla, Sindicatos. Cada 20 minutos dende as 9:20 horas ata as 19:20 horas.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova