Cargando....
Concello de Lugo
14/07/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo edita unha publicación que recorre a historia dos enterramentos na cidade


# Venres, 31/10/2008
Repartiranse un total de 1.500 exemplares gratuitos

Na víspera do Día dos Defuntos, a Concelleira de Servizos Xerais, Luisa Zarzuela, presentou unha publicación de 48 páxinas que permite a aproximación histórica aos cemiterios da cidade.

A Concelleira suliñou que esta publicación ven a demostrar unha vez máis a preocupación do Concello polo Cemiterio Municipal que nos últimos anos ven realizando importantes actuaciones no campo santo: como as melloras no seu aspecto, os traballos de mantemento e restauración, as obras de amplicación ou a construcción do Xardín das Lembranzas.”Trátase de dar a coñecer o cemiterio e que sexa un espazo integrado na cidade tamén dende o punto de vista cultural e histórico”.

A publicación ten como obxectivo principal que se coñeza un pouco mellor o Cemiterio de San Froilán, así como a historia dos enterramentos en Lugo, para dignificar o lugar onde descansan os nosos defuntos e que o pasado xuño cumpliu os 60 anos dende a súa inauguración.

Repartiranse un total de 1.500 exemplares dunha publicación totalmente innovadora xa que no Concello de Lugo é a primeira vez que se edita unha obra destas características.

Xunto á Concelleira estivo na presentación Darío Xohán Cabana, autor dos textos da publicación que explicou que se trata dunha forma lixeira de coñecer os cemiterios da cidade. O percorrido pola historia dos enterramentos da cidade comeza coa explicación do modo no que se despedían dos mortos os nosos antepasados celtas e romanos, continuando polos primeiros enterramentos cristiáns, na Idade Media e no Antigo Réxime.

Na obra cóntase como xa na segunda metade do século XVIII aparecen as primeiras medidas lexislativas en materia de enterramentos e no ano 1854 comezaron as obras para a construcción do Cemiterio Municipal de Magoi onde se atopa actualmente o Gran Hotel de Lugo.

Como a principios do século XX a cidade medraba considerablemente, o cemiterio de Magoi quedouse pequeño, polo que o Concello adquiriu en 1945 os terreos para a construcción do actual cemiterio de San Froilán que entrou en funcionamento tres anos despois. Nesta publicación recóllense tamén as últimas actuacións que foron levadas polo Concello de Lugo, como a súa ampliación e melloras.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova