Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo e a Consellería de Medio Ambiente asinan dous convenios para o desenvolvemento sostible da cidade


# Venres, 31/10/2008
Un deles é para a posta en funcionamento dunha escola de pesca

O outro é para a colaboración con Augas de Galicia para a explotación integral, mantemento e ampliación do saneamento de Lugo

CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A CONSELLERIA DE MEDIO AMBIENTE E DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE E O “CONCELLO DE LUGO, PARA A POSTA EN FUNCIONAMENTO DUNHA ESCOLA DE PESCA EN LUGO

REUNIDOS:

Dunha parte, o Excmo. Sr. D. Manuel Vázquez Fernández, conselleiro de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible da Xunta de Galicia, en nome e representación da mesma, no exercicio das facultades que lle confire ó artigo 34 da Lei 1/1983, de 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu Presidente.

Por outra banda, o Excmo. Sr. D. José C. López Orozco, Alcalde-Presidente do Concello de Lugo, en nome e representación do mesmo, en virtude das competencias que lle son conferidas no artigo 124 da Lei 7/85 de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, modificada pola Lei 57/2003 de 16 de decembro, de Medidas para a Modernización do Gobernó Local.

Interveñen ambos en función dos seus respectivos cargos, no exercicio das facultades que, para negociar en nome das entidades que representan, teñen conferidas, e

EXPOÑEN:

Que o Estatuto de Autonomía de Galicia establece, no seu artigo 27.15, a competencia exclusiva desta Comunidade Autónoma en materia de pesca fluvial e acuicultura continental, sen prexuizo do disposto no artigo 149 da Constitución.

Que ó abeiro desta disposición se promulgaron os Reais Decretos 167/1981, 1234/1983 e 1535/84 de 20 de xufio, de traspaso de funcións e servizos á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de conservación da natureza.

Que de conformidade co disposto no Decreto 1/2006, do 12 de xaneiro, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, compételle a esta Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible o exercicio das competencias e funcións da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de pesca fluvial.

Que o Concello de Lugo é o titular das instalacions da antiga Estación de Tratamento de Auga Potable da cidade de Lugo, situada na Estrada de Ombreiro, s/n.

Que o Decreto 246/1992 do 30 de xullo establece un réxime especial para a execución de obras públicas en réxime de cooperación coas corporacións locáis, que serve ós fins que se pretenden no presente convenio.

Por todo o anterior, formalízase o presente convenio, segundo as seguintes:

CLÁUSULAS:

PRIMEIRA: A través do presente convenio, establécense as condicións polas que se rexerá a cooperación entre a Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible e o Concello de Lugo para a construción dunha escola de pesca e a adaptación de instalacións anexas.

SEGUNDA: O convenio terá os seguintes obxectivos:

1. A creación dunha escola de pesca.

2. A adecuación dun edificio que sirva para o desenvolvemento de funcións de divulgación e de fomento da pesca deportiva.

TERCEIRA: A Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible asume as seguintes obrigas:

- Realizar as obras de acondicionamento do edificio sito na estrada de Ombreiro s/n, para que se constitúa como sede das entidades que vaian desenvolver os fins de divulgación e de promoción que constitúen obxecto deste convenio.

CUARTA: O Concello de Lugo asume as seguintes obrigas:

- Realizar as obras de acondicionamento dun estanque que sirva como escenario para as prácticas formativas.

- Dacordo co expresado no artigo 2º do decreto 246/92 do 3 de xullo, polo que se regulan determinadas condicións da execución de obras públicas en réxime de cooperación coas corporacions locáis ou outros entes de dereito público, asumirá : 

. O compromiso de posta a disposición, libres de cargas e gravamens, de tódolos terreos necesarios, con usos urbanísticos, para a normal execución das obas, asi como os correspondentes permisos e autorizacións necesarias para levas a cabo a mesma.

. A asunción das obrigas económicas que no seu caso, se deriven do acordo de cooperación, para o que certificará a inclusión daqueles nos seus respectivos orzamentos.

. A renuncia expresa a reter a achega da corporación calquera tipo de tributo con motivo das obras

. O compromiso, no seu caso, de formalizar os desembolsos económicos a medida se solicite polo órgano encargado da obra.

. A obriga de asumir, unha vez recepcionadas provisonalmente as obras e previa comunicación do órgano da Comunidade Autónoma, a explotación, mantemento e conservación das mesmas.

QUINTA: O presente convenio entrará en vigor ó día seguinte da súa sinatura e a súa vixencia abarcará ata o 10 de decembro de 2009. Este período poderá prorrogarse por acordó expreso entre ámbalas dúas partes.

SEXTA: A Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible aportará a cantidade de cen mil euros (100.000,00 € ) con cargo á partida orzamentaria 15.02.541.B.601.1 do presuposto de gastos da Comunidade Autónoma para o ano 2008 para a execución do proxecto referido na cláusula terceira. Ademáis, habilitarase a cantidade de cen mil euros (100.000,00 €), con cargo a outra partida orzamentaria correspondente nos orzamentos para o ano 2009 para a execución do proxecto referido na cláusula cuarta.

O Concello de Lugo aportará a cantidade de sesenta mil euros (60.000,00 €), con cargo á partida orzamentaria 4450.62209 para a execución do proxecto referido na cláusula terceira. Ademáis, habilitarase a cantidade sesenta mil euros (60.000,00 €), con cargo a outra partida orzamentaria por determinar nos orzamentos para o ano 2009, para a execución do proxecto referido na cláusula cuarta.

SÉTIMA: Para o seguimento da execución do convenio, noméanse os seguintes representantes de cada unha das partes asinantes:

En representación da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, o director xeral de Conservación da Natureza ou persoa en quen delegue.

En representación do Concello de Lugo, o Alcalde-Presidente ou persoa en quen delegue.

OITAVA: A subscrición do presente convenio non comporta relación laboral, contractual ou de calquera outro tipo entre os profesionais que vaian desenvolve-las actividades obxecto deste convenio e a Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible ou o Concello de Lugo, de tal xeito que non se lle poderá esixir a estas entidades ningunha responsabilidade, nin directa nin subsidiaria, polos actos ou feitos ocorridos no desenvolvemento do mesmo.

NOVENA: Son causas de resolución do presente convenio:

1. O incumprimento total ou parcial dalgunhas das súas cláusulas.

2. O transcurso do tempo estipulado sen que se culminen as actividades acordadas.

As modificacións das directrices de desenvolvemento sen contar coa previa autorización escrita da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible ou do Concello de Lugo.

DÉCIMA: Ó presente convenio ten carácter administrativo, rexéndose polas súas propias estipulacións, e o non previsto nelas, na medida na que a súa natureza o permita, polas normas que rexen a contratación administrativa.

DÉCIMO PRIMEIRA: No caso de existencia dalgún litixio sobre a interpretación das cláusulas do convenio ou da súa execución, a xurisdicción competente será a Contencioso Administrativa.

En proba de conformidade, as partes asinan o presente convenio por cuadriplicado na data e lugar arriba indicados.

CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE, O ORGANISMO AUTÓNOMO AUGAS DE GALICIA E O EXCELENTÍSIMO CONCELLO DE LUGO PARA A EXPLOTACIÓN INTEGRAL, MANTEMENTO E CONSERVACIÓN DAS ACTUACIÓNS DE ACONDICIONAMENTO E AMPLIACIÓN DO SANEAMENTO DE LUGO

O Sr. D. Manuel Vázquez Fernández, Conselleiro de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible da Xunta de Galicia, nomeado polo Decreto 213/2005, do 3 de agosto, no exercicio das atribucións que lle confire o artigo 34 da Lei 1/1983, da Xunta e o seu Presidente.
O Sr. D. Jorge Antonio Santiso Blanco, Presidente do Organismo Autónomo de Augas de Galicia, nomeado como tal polo Decreto 471/2005, do 1 de setembro, en relación coa Disposición Adicional cuarta do Decreto 310/2001, de 17 de decembro, no exercicio das atribucións conferidas polo artigo 12 da Lei 8/1993, de 23 de xuño, reguladora da Administración Hidráulica de Galicia.
O. Sr. D. Xosé Clemente López Orozco, Alcalde-Presidente do Concello de Lugo, no exercicio das atribucións conferidas polo artigo 61 da lei 5/1997, do 22 de xullo de administración local de Galicia.

EXPOÑEN
As obras de Mellora do saneamento de Lugo foron declaradas de interese xeral do Estado por Lei 22/1997, de 8 de Xulio.
O 9 de decembro de 1999, subscribiuse un Protocolo Xeral de colaboración entre o Ministerio de Medio Ambiente, a Xunta de Galicia e a Confederación Hidrográfica do Norte para o desenvolvemento de determinadas obras hidráulicas na Comunidade Autónoma de Galicia, que incluía as obras de mellora do saneamento de Lugo
En concreto, esta actuación se estruturo en cinco actuacións:

Acondicionamento e ampliación dos colectores das cuneas dos ríos Rato, Chanca e Fervedoira

Acondicionamento de los colectores xerais do río Chanca

Colector xeral do río Miño en Lugo. Tramo N-VI

Colector xeral do río Miño en Lugo. Tramo N-VI - E.D.A.R.

Mellora e ampliación da estación depuradora de augas residuais de Lugo.

Na estipulación undécima deste protocolo, dispúxose que para os eu desenvolvemento se subscribirían convenios de colaboración específicos entre a Confederación Hidrográfica do Norte e a Xunta de Galicia, referentes ás obras que se deberían ir executando de conformidade coa programación xeral das actuacións e a situación administrativa de cada proxecto.


0 dez de xullo de dous mil un, subscribiuse un Convenio de Colaboración específico para as obras de Acondicionamento e ampliación do saneamento da conca dos ríos Rato, Chanca y Fervedoira e Acondicionamento dos Colectores Xerais do río Chanca.
O dezaseis de novembro do dous mil catro, subscribiuse o Convenio de Colaboración específico para o financiamento execución e explotación das actuacións correspondentes ós colectores xerais N-VI á EDAR de Lugo.


Por ultimo, o vinte de setembro do dous mil cinco, asinouse Convenio de Colaboración específico para o financiamento execución e explotación das actuacións correspondentes á ampliación da EDAR de Lugo.


No clausulado, de todos estes convenios, preveuse que ó termino das obras e actuacións que determinan o seu obxecto, serían recibidas definitivamente, e entregadas para o seu uso público á Xunta de Galicia que, a partir de tal momento se fará cargo de elas a todos os efectos.


O concello de Lugo conta, entre outras, coas competencia en materia de tratamento de augas residuais, e de protección do medio ambiente, segundo lle atribúe o artigo 80 da lei 5/1997, do 22 de xullo, reguladora da administración local de Galicia (en adiante LALG)
Así pois, entendendo que a xestión da explotación, mantemento e conservación das obras e ¡infraestruturas sinalados.así como dos terreos a elas vinculados, pode levarse a cabo a través dunha relación xurídico pública de carácter bilateral, de conformidade co artigo 198 da LALG, segundo o cal, a Xunta de Galicia e as entidades locais poderán celebrar convenios de colaboración para a mais eficaz xestión dos servizos da súa competencia, as partes comparecentes, considerándose coa capacidade legal suficiente para subscribir o presente documento,
ACORDAN
Subscribir o presente convenio de colaboración para a explotación, mantemento e conservación das obras e infraestruturas, así como dos terreos e ela vinculados, das actuacións do saneamento de Lugo, de acordo coas seguintes
ESTIPULACIÓNS
PRIMEIRA.- O presente convenio ten por obxecto a xestión da explotación, mantemento e conservación das obras e infraestruturas, así como dos terreos vinculadas ás mesmas, das actuacións do saneamento de Lugo, que son:

Acondicionamento e ampliación dos colectores das cuneas dos ríos Rato, Chanca e Fervedoira

Acondicionamento de los colectores xerais do río Chanca

Colector xeral do río Miño en Lugo. Tramo N-VI

Colector xeral do río Miño en Lugo. Tramo N-VI - E.D.A.R.

Mellora e ampliación da estación depuradora de augas residuais de Lugo.

SEGUNDA.- En virtude deste instrumento de colaboración, o concello de Lugo asume a explotación, mantemento e conservación das obras, infraestruturas e terreos obxecto deste convenio como elementos que pasan a formar parte do sistema de saneamento de Lugo.


TERCEIRA.- Esta cesión que se efectúa non supón cambio no réxime da titularidade das obras e instalacións obxecto da mesma, nin prexuízo das competencias que sobre a materia lle corresponden ó estado, á comunidade autónoma de Galicia, nin ó concello de Lugo.


CUARTA.- Para o desenvolvemento deste Convenio de Colaboración, establécese unha Comisión Técnica Mixta, que estará composta por un número igual de representantes da administración hidráulica de Galicia e do concello de Lugo, e que se reunirá cantas veces sexa necesario, a petición de calquera das dúas administracións, para acordar a coordinación das actuacións relacionadas co obxecto da presente encomenda.


QUINTA.- O presente convenio terá efectos dende a data da súa sinatura, acordándose por tempo indefinido, sen prexuízo da súa revogación por motivos de interese xeral.


SEXTA.- As cuestións litixiosas que puideran xurdir, en canto á interpretación, aplicación e incumprimento do presente convenio serán de coñecemento e competencia da Orde Xurisdicional Contencioso-Administrativa.


Manifestando a súa conformidade con todo o anterior, firman o presente documento, no lugar e data arriba indicados.


- O CONSELLEIRO DE MEDIO AMBIENTE E DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE, Manuel Vázquez Fernández.
- O PRESIDENTE DE AUGAS DE GALICIA
P.D. José Luis Romero Valeiras Director xeral de Augas de Galicia, Orde 24.10.07 (DOG 02.11.07).
- O ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE LUGO Xosé Clemente López Orozco.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova