Cargando....
Concello de Lugo
13/07/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo organiza dous cursos de micoloxía


# Domingo, 02/11/2008
As clases teóricas complementaranse con saídas ao campo

Coa chegada do mes de novembro, a Concellería de Servizos Xerais, que dirixe Luisa Zarzuela, volve celebrar este ano os habituais cursos de micoloxía que, todos os anos, realizan decenas de lucenses e teñen unha elevada demanda.

Así, o luns día 10 de novembro, comezará o de primeiro nivel, que se prolongará ata o día 14 e que rematará coa tradicional saída ao campo para recoller cogumelos, os días 15 e 16. Mentres que para os que teñen un nivel máis avanzado, o curso terá lugar do 17 ao 21 de outubro con saída o 22 e 23.

As clases teóricas impartiranse no centro social de Fingoi a partir das oito da tarde.

O prazo para inscribirse nalgunha das 50 prazas ofertadas para cada un dos niveis comeza o luns 3 de novembro na Oficina Municipal de Información ao Consumidor situada na Ronda da Muralla nº 197.

A entrega de diplomas e degustación terá lugar o 24 de novembro, ás 20:00 horas no Centro Social Uxío Novoneyra.


O obxectivo da Concellería de Servizos Xerais coa organización destes cursos é o o de formar a todos os lucenses á hora de recoller os cogumelos do campo, xa que a toxicidade de moitos deles pode poñer en peligro a vida das persoas.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova