Imprimir

LUGO ACOLLE O II CONGRESO DE ARQUIVOS MUNICIPAIS ESPAÑOIS


4/11/2008 Terán lugar dende mañá mércores ata o vindeiro sábado no Pazo de Feiras e Congresos

Mañá mércores, 5 de novembro, comeza o II Congreso de Arquivos Municipais Españois organizado polo Concello de Lugo e o Ministerio de Cultura. Ata o vindeiro sábado día 8, a cidade de Lugo será o foro de encontro dos profesionais dos arquivos municipais de toda España, no que se tratará, sobretodo, da e-administración

Nestas xornadas reflexionarase sobre a necesidade de redefinir, na administración pública local, o papel do arquivo e dos arquiveiros así como dos sistemas públicos de xestión e información de arquivos, no marco da e-administración co fin de poder garantir a dispoñibilidade, autenticidade, integridade, confidencialidade e conservación dos documentos públicos que se xeran en soporte electrónico.

No Congreso evaluaranse os criterios técnicos que se deben seguir na implantación da xestión electrónica documental nos Concellos, criterios que non existen neste momento en España, e  son esenciais xa que os arquiveiros son os que coñecen as propiedades e normas aplicables aos documentos electrónicos. Ademais, contribuirá á aportación dos arquivos á mellora da información cidadé e a unha actuación máis eficaz da administración pública, respectando os obxectivos establecidos pola Unión Europea dentro do seu plan de acción I-EUROPA 2010 en canto á prestación de servizos de valor engadido para a cidadanía, e á vista da Lei de acceso electrónico dos cidadanos aos servizos públicos (Lei 11/07, de 22 de xuño) 

Neste II Congreso Nacional participan expertos nacionais e internacionais do mundo da arquivística.  Nas intervencións dos distintos ponentes estará presente a experiencia das distintas Comunidades Autónomas e do ámbito universitario.

PROGRAMA

Mércores 5 de novembro:  sesión inaugural

11:00 – 13:00       Acreditación participantes
15:30 – 16:30       Acreditación participantes
17:00 – 18:00       Actos de inauguración
18:00 – 19:00     Conferencia inaugural : Presenta e modera: Rogelio Blanco Martínez, Director General del Libro, Archivos y Bibliotecas. Ministerio de Cultura. Relator: Alfredo Conde Cid, Escritor .

Xoves 6 de novembro:

9:00 – 10:00         Acreditacións
primeira sesión: LEXISLACIÓN

10:00 – 10:45       Acceso electrónica dos cidadáns aos documentos das administracións públicas no marco da Lei 11/2007
Presenta: Gabriel Quiroga Barro, Director do Arquivo Nacional de Galicia.  Relator: Julián Valero Torrijos. Profesor de Derecho administrativo. Departamento de Derecho administrativo. Facultad de Derecho. Universidad de Murcia

10:50 – 11:35       Plans e estratexias do MAP para a e-administración nas administracións locais. Presenta: Marina García Pita, Xefa de Servizo de Arquivos e Museos da Xunta de Galicia. Relator: Alfonso Berral López, Jefe de Servicio de Desarrollo del Ministerio de Administraciones Públicas

11:50 – 12:00       Café

12:05 – 13:30      Mesa redonda. Tecnoloxía, Documentos e Servizos. Unha convivencia posible. Modera: Xavier Tarraubella i Mirabet, Director del Arxiu Historic de la Ciutat de Barcelona.  Participan: Julián Valero Torrijos, Profesor de Derecho administrativo. Departamento de Derecho administrativo, Facultad de Derecho. Universidad de Murcia, Alfonso Berral López, Jefe de Servicio de Desarrollo del Ministerio de Administraciones Públicas, Isabel Seco Campos, Archivera municipal de Getafe (Madrid), Carlos Alberto Amoedo Souto, Secretario da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia.

segunda sesión: XESTIÓN DOCUMENTAL (I)

16:30 – 17:15       Plans de xestión integral na administración local española. ¿Son os arquivos actores activos? Presenta: Julia Mª Rodríguez Barredo. Archivera municipal de Alcobendas (Madrid). Relator: Mario Alguacil Sanz, Director de Tecnologías, Gestión del conocimiento y Presupuesto del Ayuntamiento de Sant Feliú de Llobregat

17:15 – 17:45       Café

terceira sesión: XESTIÓN DOCUMENTAL (II)

17:45 – 18:30       A función arquivística nos proxectos de xestión integral nas administracións públicas. Presenta: Carmen Cayetano Martín, Archivo de la Villa de Madrid. Relator: Geoffrey Yeo, Lecturer in Archives and Records Management School of Library, Archive and Information Studies University College London

 


Venres 7 de novembro:

cuarta sesión: XESTIÓN DOCUMENTAL (III)

10:00 – 10:45       Os contornos do documento electrónico: experiencial, dinámico e interactivo. Presenta: Isabel Murillo García-Atance, Archivera municipal de Logroño, Relator: Jim Suderman, Manager of management services for City of Toronto and member of the InterPARES.

10:45 – 11:30       Mesa Redonda. Modera: Alfonso Díaz Rodriguez, Jefe de Sección de los Archivos centrales del Principado de Asturias. Participan: Mario Alguacil Sanz ,Director de Tecnologías, Gestión del conocimiento y Presupuesto del Ayuntamiento de Sant Feliu de Llobregat, Geoffrey Yeo, Lecturer in Archives and Records Management School of Library, Archive and Information Studies University College London, Mª Isabel Valiente Dirección General del Libro y del Patrimonio Bibliográfico y Documental da   Junta de Andalucía, Jim Suderman, Manager of management services for City of Toronto and member of the InterPARES, Joaquim Borrás i Gómez, Arxiver en cap Arxiu del Ajuntament de Barcelona, Paloma Fernández Gil, Archivera municipal de Alcorcón (Madrid)

11:35 – 12:05       Café

12:05 – 13:30       Mesa Redonda (continuación)

quinta sesión: CONSERVACIÓN

16:30 – 17:15       O arquivo no ano 3.000. Modera: Roser Latorre i Tafanell,Cap de Arxiu de Sant Boi de Llobregat. Relator: Mrs. Josje Everse, Proyectmanager E-depot. Municipal Archives of Rotterdam

17:20 – 19:00       Mesa Redonda Modera: Javier Barbadillo Alonso, Archivero municipal de Guadalajara , Participan: Ignacio Alamillo Domingo, Director de asesoramiento e investigación de la Agència Catalana de
Certificació, Raimon Nualart i Mercadé, Archivero de CATCert y responsable del servicioiArxiu, Lluís-Esteve Casellas i Serra , Cap de la Secció de Gestió Documental i Arxiu (GDA) Administrador de Seguretat de Dades Servei de Gestió Documental del Arxiu Municipal de Girona

22:00     Cea de gala ofrecida polo Concello de Lugo. Salón Regio del Círculo de las Artes de Lugo

Sábado 8 de novembro
sexta sesión: CLAUSURA

10:00 – 11:00      Arquivos da Administración Local e e-administración. Presenta e modera: María Jesús Saavedra Carballido. Archivera municipal de Lugo, Relator: José Ramón Cruz Mundet , Profesor titular de la Universidad Carlos III (Getafe) Madrid

11:00 – 12:00      Coloquio

12:00 – 12:30      Conclusións


12:30                   Acto de clausura