Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

AS MELLORES PROMESAS DO BALONCESTO ESTATAL DISPUTARÁN EN LUGO, POR TERCEIRO ANO CONSECUTIVO, A PRIMEIRA FASE DO CIRCUITO SUB-20


# Mércores, 05/11/2008
A proba deportiva terá lugar esta fin de semana no Pazo Universitario

 A Deputación de Lugo acolleu hoxe a presentación da Primeira Fase do Circuíto SUB-20 do Campionato de España organizado pola Federación Española de Baloncesto e a ACB. Nesta presentación participaron o Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, o director deportivo da Fundación Balogal, Cristino Menor, vicepresidente da Deputación de Lugo, Antón Bao Abelleira, o Xefe do Servizo de Deportes da Xunta de Galiza, Tino López, a delegada da Federación Galega de Baloncesto, Armando Álvarez, vicepresidente da Federación Galega de Baloncesto. É a primeira vez que se celebra en Lugo un campionato destas características que reunirá en Lugo a 4 equipos que teñen nas súas filas a moitas das promesas do que será en breve a elite do baloncesto. Os catro equipos proceden de diferentes puntos do estado español e ademais do equipo local da Fundación Balogal estarán en Lugo o Gran Canaria, o C.B. Valladolid e o equipo sevillano do Cajasol (antes Caja San Fernando). Estes tres equipos traerán a Lugo a canteira de tres históricos do Baloncesto que tiveron ou teñen os seus primeiros equipos militando nas ligas de ACB ou LEB.
                                                            
O equipo Lucense, o único de representación galega no Circuíto, encádrase no Grupo A que disputará un total de catro fases, a fase que se celebra en Lugo e a primeira,Valladolid, Madrid e Valencia serán as restantes fases das que se compón o campionato de España. Ao igual que en pasadas edicións o acceso para presenzar os encontros será gratuíto para todos e todas.

Calendario de enfrontamentos:
Día 9 Domingo:
18:00 h – GRAN CANARIA-CB VALLADOLID
20:15 h – FUND. BALOGAL-CAJASOL
Día 10 lunes:
18:30 h – GRAN CANARIA-CAJASOL
20:15 h – FUND. BALOGAL-CB VALLADOLID
Día 11 martes:
10:00 h - CAJASOL-CB VALLADOLID
12:15 h – FUND. BALOGAL-GRAN CANARIA




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova