Cargando....
Concello de Lugo
11/07/20
NOVAS
Escoita esta páxina

650 participantes poderán asistir á LudusParty 2008


# Mércores, 05/11/2008
Terá lugar do 5 ao 8 de decembro no Pazo de Feiras e Congresos

O Concello de Lugo prepara xa a III edición da Ludusparty.net, unha cita ineludible na nosa cidade para os amantes da tecnoloxía e a innovación. Lugo acollerá do 5 ao 8 de decembro esta iniciativa, enmarcada dentro do ambicioso programa Lugo Dixital e que foi presentada pola Concelleira de Servizos Xerais, Luisa Zarzuela.

A Concelleira indicou na súa presentación que nesta edición contarase con 650 prazas, a 20 euros cada unha, para participar na cita recoñecida xa como o maior envento de entretenemento electrónico en rede do norte de España.  

Dende que naceu no 2006, a Ludus Party reúne durante varias xornadas a participantes de toda España que chegan á cidade co fin de compartir inquietudes, intercambiar experiencias e realizar infinidade de actividades relacionadas coas novas tecnoloxías.

A nova edición nace baixo o lema “A Ludus do cambio” xa que se melloraron notablemente as infraestruturas. As enormes pantallas permitirán que non se perda ningún detalle do evento e os switches de gama alta permitirán unha comuniciación entre os equipos da máis elevada velocidade que non existe en ningún outro encontro tecnolóxico de España a día de hoy ( a excepción da do País Vasco que os estrenou este ano).

Os talleres, conferencias, charlas, competicións e o resto de actividades programadas dan á Ludus Party unha consistencia formativa e de contidos que a converten nunha cita de referencia.

O plan de actividades da Ludus do 2008 contara con atividades englobadas nas seguintes áreas:

- Arte dixital.- materializada en tres grandes temas: a creación de imaxes dixitais, a música dixital e a programación. As produccións presentaranse a concurso, de forma individual e en grupo.

-Xogos.- Son competicións de xogos en rede onde equipos formados por ata cinco xogadores compiten en dous bandos para levar a cabo unha misión. Poderase participar nos seguintes xogos: Counter Strike 1.6,  Pro Evolution Soccer 2009, Quake 3,  Warcraft III e Mario Kart Wii.

-Software Libre.

- Hardwarwe.

- Outras actividades: Singstar, Guitar Hero, Dance Dance Revolucion, Doblaje de Películas, Concurso de Fotografía, Concurso de mascotas, lanzamiento de CD e DVD, carreira de sacos…

Actividades para todos
Ademais, das actividades dirixidas aos participantes inscritos na Ludus Party, o Concello de Lugo preparou outra serie de actividades para que o público en xeral tamén poda disfrutar con esta festa tecnolóxica.

En colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela o Concello impartirá talleres formativos dirixidos ás asociacións de Lugo e da provincia coa intención de sensibilizalos e formalos para a utilización do novo portal das asociacións que será presentado na Ludus Party.

Haberá unha zona adicada a todos os públicos, ofrecendo a oportunidade a todos os cidadáns de todas a idades de adentrarse no mundo das novas tecnoloxías. As cápsulas formativas terán diferentes niveis, o usuario soamente terá que elexir o que máis se axusta ás súas necesidades. Este espazo formativo contará con 15 ordenadores portátiles nos que os participantes poderá realizar unha ou varias das 12 cápsulas formativas que compoñen o programa:

CREA
Cápsula Formativa 1: crea a túa primeira conta de correo electrónico.
Cápsula Formativa 2: crea o teu primeiro blog.

COMPARTE
Cápsula Formativa 3: comparte fotos.
Cápsula Formativa 4: comparte música.
Cápsula Formativa 5: comparte intereses.

FALA
Cápsula Formativa 6:  fala nun chat.
Cápsula Formativa 7: fala nun blog.
Cápsula Formativa 8: fala nun foro.

CONSULTA
Cápsula Formativa 9:  consulta na wikipedia os temas que che interesen...
Cápsula Formativa 10: consulta na web do Concello os trámites que podes facer sin moverte da túa casa...

VIAXA
Cápsula Formativa 11: planificando ben a túa viaxe: prezos, hoteis...
Cápsula Formativa 12: e como se vai a...? cantos km hai a ....?

Para  más información a través de www.lugo.es ou www.ludusparty.net

A Concelleira indicou ademnáis que haberá un concerto protagonizado por DR. THINK,  DJ lucense que sorprenderá coa súa aposta electrónica mezclando clásicos de películas e videoxogos acompañado dun emocionante espectáculo visual.

Lugo Xa Conecta
Por outra banda, a Concelleira aproveitou para facer balance do proxecto Lugo Xa Conecta. Trátase dunha campaña ideada polo Concello de Lugo subvencionada polo Ministerio de Industria englobada dentro do proxecto Plan Avanza co obxectivo de ensinar aos veciños e veciñas as vantaxes que ofrece a administración electrónica e promocionar a formación no ámbito das novas tecnoloxías.

Nesta actividade levada a cabo dende o 16 de xuño ata o 31 de outubro, e no que o autobús da campaña visitou 130 parroquias, participaron un total de 1527 persoas.

Soamente en Lugo centro participaron 620 persoas, na zona rural 534 (dos que o 29% foron persoas de idades comprendidas entre 51 e 70 e de 23% entre 31 e 50 anos). En Guitiriz participaron 225 persoas,  101 en Cervantes e 40 en Castroverde.

A maior porcentaxe de participantes na cidade de Lugo foron mulleres, case o 61% das persoas que pasaron polo autobús de Lugo Xa Conecta.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova