Cargando....
Concello de Lugo
12/07/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo organiza a novena edición do circuíto de carreiras populares Corre con Nós


# Xoves, 06/11/2008
O prazo de inscrición estará aberto ata o 20 de novembro

O día 23 de novembro dará comezo nas pistas de Atletismo Gregorio Pérez Rivera a novena edición do Circuíto de Carreiras Populares Larsa Corre con Nós, que foi presentado hoxe polo Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío.

O respondable municipal estivo acompañado por Francisco Lambea, xerente do Centro Comercial As Termas, Raúl Centelles representante de Begano Coca- Cola e Gonzalo Pereira, Coordinador de Actividades Deportivas do Concello de Lugo.

Como suliñou o Concelleiro, “este circuíto é un fenómeno social cunha participación enorme”, e engadiu que “se está a converter nunha canteira para captar novos valores do atletismo lucense e é un referente para outras cidades que querían copiar ata o nome”.

Será, como sempre, unha carreira por mes e se establecerán catro categorías para os pequenos e dez para adultos. Para os rapaces as distancias que se percorrerán serán inferiores a un quilómetro chegando a carreiras de tres os nenos e nenas maiores. Os adultos terán que percorrer entre 5 e 7 quilómetros.

Como o ano pasado, haberá unha puntuación por equipos que deberán contar cun mínimo de 2 mulleres e 4 homes. O Concelleiro indicou que “con esta puntuación trátase de fomentar a máxima incorporación das mulleres a estas actividades”.

Participando en seis carreiras das sete que compoñen o circuíto, os adultos obterán como premio un vale de 40 euros para trocar por material deportivo en Deportes Elide, mentras que os máis pequenos recibirán o mesmo agasallo participando en 6 das 8 que compoñen o seu circuíto. Por suposto, os gañadores de cada unha das categorías en cada carreira recibirán o seu premio.

Todos os que rematen a derradeira carreira do circuíto obterán un vale por unha camistea para trocar no Centro Comercial As Termas. Ademáis, despois de cada unha das carreiras haberá premios especiais como sesións para o Lucus Spa ou sesións de fisioterapia en Fisiogym.

O Concelleiro suliñou a importancia que están a ter estas carreiras, e espérase superara a media de 1.200 corredores que participaron o ano pasado en cada unha das probas-

Os interesados en inscribirse poderán facelo do 7 ao 20 de novembro a través da web www.championchipnorte.com ou na Concellería de Deportes de luns a venres de 10:00 a 14:00 horas presentando a ficha de inscrición.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova