Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Unha exposición amosa a flora micolóxica do Concello de Lugo


# Martes, 04/11/2008
Preto de 200 especies distintas compoñen esta mostra que terá lugar o domingo 9 de novembro no Colexio Rosalía de Castro

O vindeiro domingo, 9 de novembro, o Colexio Rosalía de Castro de Lugo acollerá unha exposición sobre micoloxía organizada polo Concello de Lugo e a Asociación Micolóxica Lucus que foi presentada hoxe pola Concelleira de Cultura e Turismo, Concepción Burgo e o presidente da Asociación Julián Alonso.

A Concelleira explicou que se trata dun evento que ten xa unha longa tradición entre o Concello e a asociación e que se celebra todos os outonos.

Trátase da sétima edición dunha mostra que amosará preto de 200 especias distintas de cogumelos recollidas polos membros da asociación. Cada un dos exempleres estará sinalizado cunha etiqueta que inclúe o seu nome científico e o seu hábitat natural.

O obxectivo desta exposición é mostrar parte da riqueza micolóxica que hai no entorno de Lugo do modo máis visual e didáctico posible.

Ademais, a exposición estará acompañada tamén, por cuarto ano consecutivo, dunha mostra de micofilatelia na que se presentarán uns 250 de selos de temática micolóxica de todo o mundo.

A exposición estará aberta entre as 11:30 e as 14:00 horas pola mañá e de 15:30 a 19:30 horas pola tarde. A entrada será totalmente gratuíta.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova