Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Festival de Jazz de Lugo congregará na cidade a primeiras figuras internacionais, nacionais e galegas


# Martes, 04/11/2008
O ciclo terá lugar do 10 ao 15 de novembro no Círculo das Artes, na Fundación Caixa Galicia e no Club Clavicémbalo

Do 10 ao 15 de novembro terá lugar a XVIII edición do Festival de Jazz de Lugo, que se ven celebrando cada mes de novembro, ininterrompidamente, desde o
ano 1991.

O Festival está organizado pola Asociación de Amigos do Jazz “Escobijazz” e patrocinado polo Concello de Lugo, polo Plan Xacobeo da Xunta de Galicia, a Fundación Caixa Galicia, a Consellería de Cultura, a Deputación Provincial e a Universidade de Santiago de Compostela.

Os 15 concertos dos que consta o festival desenvolveranse en diferentes escenarios: no Círculo das Artes, no Auditorio da Fundación Caixa Galicia e no Club Clavicémbalo , coa particularidade de que, os concertos principais, que se desenvolven no Círculo das Artes e Caixa Galicia serán gratuítos.

O festival dará cabida, tanto a estrelas e primeiras figuras internacionais (Mike Stern, Randy Brecker, Dave Weckl, Le Konitz, Danilo Pérez, Avishai Cohen...), como a novos valores do Jazz europeo (Jean Michel Pilc Trío), aos máis destacado do jazz nacional e como non, a representantes do mellor jazz galego.

Cabe destacar que o Festival de Jazz de Lugo é o decano dos que se celebran en Galicia e que polas súas anteriores edicións pasaron artistas do renome de Ron
Carter, Kenny Garret, John Scofield, Roy Hargrove, Mike Stern, Tom Harrell, Yellowjackets, Joe Locke, James Carter, Metro, Patricia Barber, Christian McBride, Marc Copland, Philip Catherine, David Sánchez, Greg Osby, Mark Turner, Horacio " O Negro” Hernández, Chano Domínguez, Jorge Pardo, Pedro Iturralde, etc.. Esta cita mantense á cabeza dos festivais galegos e recolle a gran diversidade de estilos e tendencias que configuran o jazz actual.

Unha novidade, desde fai tres edicións, é a realización dun ciclo de concertos didácticos, organizados pola Concellería de Educación do Concello de Lugo, destinados aos escolares da cidade, que se celebrarán no Círculo das Artes polas mañás durante a celebración do festival e que dan vida a unha das máis importantes aspiracións da organización como é a difusión desta música entre os máis novos.

Programa:

Auditorio Caixa Galicia     (Entrada libre ata completar aforo)

Doris Cales & Dan Rochlis       Luns, 10 de novembro       20.00  h.
Eduardo Niebla Trío      Martes, 11 de novembro      20.00 h.
Pablo Arrieta Trío     Mércores, 12 de novembro     20:00 h.

Círculo das Artes   (Entrada libre ata completar aforo)

50 anos de Bossa Nova. Celebrando os ... 100 anos de El Progreso. Luns, 10 de novembro     21:30 h.

MIKE STERN BAND Special Guest RANDY BRECKER
Featuring DAVE WECKL & CHRIS MINH DOKY Martes, 11 de novembro    21:30 h.

THE AVISHAI COHEN TRIO Mércores, 12 de novembro     21:30 h.

JEAN MICHEL PILC TRIO Xoves, 13 de novembro     20:30 h.

CHRISTIAN SCOTT QUINTET Venres, 14 de novembro     20:30 h.

DANILO PÉREZ TRÍO con LEE KONITZ Sábado, 15 de novembro    20:30 h

Club Clavicémbalo

CoolBeat                                           Luns, 10 de novembro     23:30 h.

Sumrrá                                              Martes, 11 de novembro     23:30 h.

Jordi Matas Quintet “Atom”          Mércores, 12 de novembro     23.30 h.

Citric                                                 Xoves, 13 de novembro     23:30 H.
Gravity Zero Trío                            

Iván Rojas Quartet . Quinteto da Casa     Venres, 14 de novembro     24:00 h

Iván Rojas Quartet. Quinteto da Casa      Sábado, 15 de novembro     24:00 h




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova