Cargando....
Concello de Lugo
23/11/19
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde de Lugo plantexa ao Pleno unha cuestión de confianza ligada aos orzamentos


# Martes, 04/11/2008
López Orozco considera que neste momento a cidade precisa uns orzamentos adaptados ás circunstancias

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, acompañado pola Concelleira de Economía, Sonia Méndez, anunciou que plantexará ao Pleno do vindeiro luns, unha cuestión de confianza vinculada aos orzamentos anuais do Concello.

López Orozco considera que “é o momento de debater realmente cales son os intereses da cidade neste momento”. O Alcalde, referíndose ao Pleno ao que se levou o proxecto de orzamentos, preguntouse se “son os intereses de Lugo, decidir, sen dar as explicacións suficientes, deixar á cidade de Lugo sen orzamentos, como se fixo onte, ou presentar esta cuestión de confianza e se hai alternativa que se poña riba da mesa”.

Para López Orozco a cidade debe seguir progresando e para iso é preciso que se aproben uns orzamentos adaptados á situación económica actual “presentamos uns bos orzamentos e a oposición non presentou ningunha alternativa que os mellore”. O mandatario municipal, lembrou que o que se debatía no pleno son os orzamentos da cidade: “Os políticos temos a obriga de servir á cidadanía. Os intereses que lle importan ao meu grupo son os de Lugo”.

A cuestión de confianza está regulada no artigo 197 das Disposicións Especiais para Eleccións Municipais. Implica como requisito previo que o acordo correspondente -que neste caso son os orzamentos- fora discutido en Pleno e que non obtivera a maioría precisa para a súa aprobación, feito que se produciu no Pleno do 3 de novembro.

Este artigo tamén recolle que “se entenderá outorgada a confianza e aprobado o proxecto de orzamentos, se no prazo dun mes dende que se votara o rexeitamento da cuestión de confianza, non se presenta unha moción de censura con candidato alternativo ao Alcalde, ou se esta non prospera”.

López Orozco reiterou a necesidade de que Lugo conte cuns orzamentos “para seguir progresando. Os responsables políticos non podemos agarrarnos á silla por riba de todo. Non quero dramatizar, esta é unha opción que beneficia á cidade, por iso a plantexamos”.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova